'O Señor das Dunas' na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
Martes, 18 Setembro 2012 12:04 |
A Casa da Cultura de Verín acolle o vindeiro sábado 22 de setembro, ás 18 horas, a actividade de 'O Señor das Dunas', do programa FalaRedes! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Ampliación do prazo de presentación das subvencións para o equipamento de locais de asociacións, fundacións e entidades culturais |
|
|
|
Martes, 18 Setembro 2012 12:02 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde do 11 de setembro de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o 2012.
|
Ler máis...
|
'Torneo de 3 x 3 de Minibasket da Vila de Verín' e partido do COB en Verín |
|
|
|
Luns, 17 Setembro 2012 12:54 |
A área de Deportes do Concello de Verín, a agrupación cultural e deportiva Siareiros Cobistas -que chegou a un acordo co ente municipal para a realización de actividades deportivas- e o Club Baloncesto Xuventude organizan para o vindeiro 22 de setembro o primeiro 'Torneo de 3 x 3 de Minibasket da Vila de Verín'. |
Ler máis...
|
Gabriel Tizón, Carlos Puga e Sonia Daponte xulgarán as fotografías do concurso ‘Imaxes con Fondo’ |
|
|
|
Mércores, 12 Setembro 2012 17:21 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presentou esta mañá os membros do xurado do concurso ‘Imaxes con Fondo’, entre os que se achan os destacados fotógrafos Gabriel Tizón, Carlos Puga e Sonia Daponte. A premiada escritora Rexina Vega forma tamén parte do equipo avaliador canda a presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, Gema Filgueira; a propia presidenta do Fondo Galego, Teresa París, e mais unha representante do Concello de Oleiros, Marga Figueroa.
|
Ler máis...
|
Memorias da historia flaviense reflectidas o pasado fin de semana co casamento de D. Afonso III e Dna. Beatriz de Castela |
|
|
|
Luns, 17 Setembro 2012 13:32 |
A localidade flaviense regresou ao pasado unha edición máis, a sétima, coa Feira Medieval, onde as memorias de historia local quedaron reflectidas pola representación do casamento de D. Afonso III, o Bolonhês, e Dna. Beatriz de Castela, filla de Afonso X de Castela, no ano de 1253.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 777 778 779 780 Seguinte > Final >>
|
Páxina 776 de 995 |