O Fondo Galego viaxa a Alemaña para achegar a súa experiencia no marco dun proxecto europeo |
|
|
|
Xoves, 03 Maio 2012 11:05 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participa esta semana en Alemaña nunha xuntanza de traballo do proxecto europeo ‘Redes para o desenvolvemento’. A asociación de Concellos e Deputacións actúa como asesora nesta iniciativa cofinanciada pola UE para apoiar as redes de cooperación descentralizada en Alemaña e Portugal. |
Ler máis...
|
'Contos dende o aire' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Mércores, 02 Maio 2012 12:48 |
O venres 04 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dende o aire’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección e mellora ambiental |
|
|
|
Mércores, 02 Maio 2012 12:42 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2012.
|
Ler máis...
|
Concerto de Música Solidaria en Verín |
|
|
|
Venres, 27 Abril 2012 14:35 |
A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación do Concerto de Música Solidaria, a cargo do rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, Margarita Caneiro, representante de UNICEF en Ourense, Delfín Pérez Fernández, representante de Caja Rural en Verín, e José Manuel Salgado, director do Conservatorio Elemental de Música de Verín.
|
Ler máis...
|
Venres, 27 Abril 2012 14:31 |
A praza da Alameda acollerá o vindeiro martes día 1 a Festa dos Maios. Como vén sendo costume en Verín nas últimas décadas, entre as 10.30 e as 14.30 horas, a zona axardinada da Alameda servirá de escenario ás actividades de xogos populares (chave e petanca), música e danza tradicional, exhibición de maios artísticos e venda de coplas.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 809 810 Seguinte > Final >>
|
Páxina 801 de 995 |