AEVER presenta a campaña “Eu merco en Verín“ |
|
|
|
Mércores, 15 Xuño 2022 12:47 |
O día 1 de xullo de 2022, a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) dá o pistoletazo de saída á tempada de verán do comercio local de Verín cunha gran festa pensada para o desfrute da súa clientela. |
Ler máis...
|
O IES García-Barbón de Verín presenta o novo ciclo en Dual de Electromecánica de maquinaria. |
|
|
|
Venres, 10 Xuño 2022 12:25 |
A directora do instituto, María Soledad Gómez, presentou aos concellos e axentes dinamizadores de emprego a amplia oferta formativa que existe no centro para “evitar o éxodo do alumnado cara as cidades, moitas veces condicionado pola desinformación da oferta formativa que hai na zona”. O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor. |
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, presenta o proxecto Erasmus : Novo Embaixadores Dixitais das pemes |
|
|
|
Mércores, 08 Xuño 2022 13:13 |
A Axencia Nacional Portuguesa Erasmus Educación e Formación, adxudicou á Eurocidade Chaves-Verín, AECT, un proxecto Erasmus , no ámbito da mocidade e a transformación dixital: #Novo Embaixadores Dixitais das pemes (Dixital Youth Ambassadors for SMEs). A presentación terá lugar o dia 17 de xuño, 10*h00 (hora española), na sede da Eurocidade. |
Ler máis...
|
Máis dun milleiro de persoas asistiron ás IV Xornadas de Novela Negra organizadas pola Biblioteca de Verín |
|
|
|
Martes, 07 Xuño 2022 12:46 |
Un total de 1190 persoas (100 na actividade enfocada aos centros educativos, 330 nas conferencias do venres e 760 nas do sábado) participaron nas actividades programadas na IV edición Xornadas de Novela Negra de Verín. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “rotundo éxito”, ademais de ser un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega. |
Ler máis...
|
Verín proxectará “Welcome to ma maison” no marco do Ciclo Mestre Mateo |
|
|
|
Luns, 06 Xuño 2022 11:07 |
O Concello de Verín continúa coas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense, dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 82 de 987 |