O Concello de Verín retoma a programación presencial dos Maios cun completo abano de actividades |
|
|
|
Xoves, 21 Abril 2022 11:14 |
Tras dous anos de parón obrigado provocado pola Covid-19, o Concello de Verín retoma a programación presencial destas tradicionais festas. Tamén recupera a Feira Solidaria que contará coa participación de varias entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ ou servizos con fins solidarios. As actividades programadas terán lugar o 30 de abril e o 1 de maio na Alameda e Praza Maior de Verín. Así o confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza. |
Ler máis...
|
O cinema municipal de Verín acolle a proxección da película "Los secretos de Dumbledore, vuelve la magia” |
|
|
|
Mércores, 20 Abril 2022 10:06 |
Durante os días 22, 23, e 24 de abril o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película "Los secretos de Dumbledore, vuelve la magia” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases. |
Ler máis...
|
“Kotodama teatro” estréase por primeira vez cun innovador espectáculo itinerante |
|
|
|
Sábado, 09 Abril 2022 11:41 |
Kotodama, o grupo de teatro do actor e director verinés, Santi Cañaveral, vén de estrear, nun bar da vila, un novo espectáculo itinerante baseado na improvisación pura e na interacción constante co público. Esta iniciativa está enmarcada dentro do curso de Teatro do Concello de Verín.
Segundo destacou Cañaveral, o novo show tivo unha gran acollida entre o público asistente debido ao seu carácter innovador. «A idea é realizar unha xira por todos os bares de Verín variando o seu espectáculo, dun a outro, para que sempre exista o efecto sorpresa para o público».
Despois dunha realizar unha gala na que tanto o público como os actores e actrices de Kotodama foron os protagonistas, Santi Cañaveral explica cales serán os seus seguintes obxectivos: «Pretendemos ser a primeira escola de teatro profesional rural da provincia de Ourense. Teño a firme convicción de que a linguaxe foi creado para mentir, aínda que en ocasións poden verse escintileos de verdade. Iso é o que tentamos ensinar en escena. Que dunha gran mentira pode existir a verdade».
Kotodama teatro
Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son temas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas.
O grupo de teatro Kotodama imparte as súas clases no Pavillón Municipal de Verín. Os interesados en inscribirse no curso teatral poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318. |
Gerardo Seoane pide a axuda da Xunta para conseguir autonomía enerxética para aldeas mediante enerxía solar |
|
|
|
Xoves, 07 Abril 2022 13:24 |
O alcalde de Verín lanzou hoxe unha novidosa idea nunha mesa de traballo sobre captación de fondos europeos: adiantou que o Concello prepara un proxecto para dotar de autonomía enerxética aos 16 núcleos do rural de Verín, mediante enerxía solar. O rexedor fixo este anuncio nunha xornada de Agader que reuniu aos alcaldes da comarca de Monterrei para deseñar o Plan Integral de Recuperación da área suroriental de Ourense. |
Ler máis...
|
“O gran camiño” “Código Emperador” e “Ainbo, la guerrera del Amazonas” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 07 Abril 2022 10:28 |
Durante os días 8, 9 e 10 de abril o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “O gran camiño”, “Ainbo, la guerrera del Amazonas” e "Código Emperador” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 89 de 987 |