Verín acolle unha xornada informativa sobre as axudas de GAIN para as empresas |
|
|
|
Venres, 29 Abril 2022 08:42 |
A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense xunto con AEVER comprácense en convidalo á xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas, que terá lugar o vindeiro luns 2 de maio ás 12:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Verín en formato híbrido (presencial e online). |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta a IV edición das Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela” |
|
|
|
Xoves, 28 Abril 2022 11:36 |
O Auditorio de Verín acollerá, durante os días 3 e 4 de xuño, a cuarta edición das súas xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”, nas que se combinarán o mundo de ficción das novelas e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario. |
Ler máis...
|
Dez colectivos elaboran, altruistamente e con fins sociais, coplas para “os Maios” de Verín |
|
|
|
Xoves, 28 Abril 2022 10:49 |
Segundo confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, este ano son dez os colectivos redactores das tradicionais coplas dos Maios. O exemplar venderase a 2 euro e o diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emerxencia na Ucraína”. |
Ler máis...
|
Un fenaquitoscopio, que produce ilusión de movemento, base da imaxe gráfica do cartel ilustrador da VII edición do FIC |
|
|
|
Mércores, 27 Abril 2022 13:15 |
A VII edición do FIC Vía XIV de Verín, que terá lugar do 31 de agosto ao 04 de setembro, conta xa con cartel ilustrador. É obra do xoven creador local David Rivada e baséase na conxunción dun fenaquitoscopio, elemento circular que produce ilusión de movemento, misturado con efectos ópticos modernos. Os dous elementos circulares da imaxe unidos conforman unha bobina de cine. “Cando me escolleron non tiña para nada claro como ía realizar o traballo”, sinala Rivada, quen afirma que “ilusionismo” e “cinema” comparten moito en común e os dous elementos están na base da súa proposta ilustradora. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta aos fondos Next Generation o seu proxecto de rehabilitación do Balneario de Fontenova |
|
|
|
Martes, 26 Abril 2022 11:17 |
O Concello de Verín vén de presentar no marco das accións de rehabilitación (incluídas no programa Pirep Local) postas en marcha polo Goberno de España dentro dos Fondos Europeos Next- Generation o seu proxecto de rehabilitación do Balneario de Fontenova. O mesmo ten un valor total de 627.174,75 euros; sendo o investimento subvencionable polo programa 468.737,50 euros, asumindo o Concello de Verín o importe restante con fondos propios. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>
|
Páxina 88 de 987 |