O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» |
|
|
|
Xoves, 07 Outubro 2021 10:51 |
O Concello de Verín, ABANCA e Afundación inauguraron onte, mércores 6 de outubro ás 11.15 h, a mostra «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistiron Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín impartirá dous cursos gratuítos para desempregados: Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Atención Socio-Sanitarias a Persoas Dependentes |
|
|
|
Xoves, 07 Outubro 2021 09:27 |
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para dous cursos AFD' S (Formación para desempregados): Un Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e outro de Atención Socio-sanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Locais. |
Ler máis...
|
A exposición “O viño nos Camiños de Santiago” pecha o verán con máis de 1.800 visitantes no Museo de Verín |
|
|
|
Martes, 05 Outubro 2021 12:00 |
Co remate do verán, o Museo de Verín fai balance da súa actividade dende a reapertura das súas portas o pasado mes de xuño. Tras estes meses, o total de visitantes superou a barreira dos 1.750, incluíndo turistas procedentes de Portugal, Alemaña, Holanda, Francia ou incluso Florida. Sen embargo, un ano máis, cobrou especial importancia a cifra de visitantes nacionais, amosando a tendencia do cambio de modelo cara un turismo de proximidade. Outra porcentaxe importante dos visitantes corresponde aos veciños e veciñas da comarca, que continúan a ver o centro coma un referente cultural e unha institución capaz de complementar a axenda de ocio local. |
Ler máis...
|
Éxito total das IV Xornadas de Novela Histórica con 375 asistentes |
|
|
|
Luns, 04 Outubro 2021 12:48 |
Un total de 375 persoas (150 na actividades enfocadas aos centros educativos e 225 non resto de conferencias) participaron nas actividades programadas na IV edición Xornadas de Novela Histórica de Verín. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “exito total de participación”, ademais de ser un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín abre a inscrición para un curso de Ximnasia Rítmica |
|
|
|
Sábado, 02 Outubro 2021 11:01 |
A concellaría de Deportes do Concello de Verín abre, do 4 ao 15 de outubro, prazo de inscrición para o curso de Ximnasia Rítmica 2021/2022. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.) |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 105 de 987 |