A canteira do FIC Vía XIV dá froitos coa estrea de Capuchóns, un traballo de Íñigo Rolán Taboada |
|
|
|
Mércores, 08 Setembro 2021 18:26 |
Hoxe estreouse no Auditorio de Verín Capuchóns, unha curta documental sobre o Entroido de Verín, dirixida por Íñigo Rolán Taboada como proxecto de fin de grao. Rolán Taboada é verinés e colaborou en diferentes edicións do FIC Vía XIV de Verín, o que evidencia que a canteira do certame comeza a dar os seus froitos. |
Ler máis...
|
Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despiden o verán cunha festa ibicenca |
|
|
|
Martes, 07 Setembro 2021 19:01 |
Os menores que participaron na Ludoteca e no Campamento Urbano do Concello de Verín despediron hoxe por todo o alto o verán. Fixérono cunha festa ibicenca, vestidos de branco, e cada grupo coa súa decoración. Ademais desfrutaron con tres inchables (cabina de baloncesto, cabina de fútbol e cabina de tiro), e participaron nun obradoiro de tatuaxes. Ás 12:00 horas, o tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, a concelleira de Persoal e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e Manuel Lorenzo concelleiro de Transporte Feiras e Hostalería, fixeron entrega duns orixinais agasallos a cada participante. |
Ler máis...
|
Musicalización de cinema mudo en directo a cargo do Caspervek Trío no FIC Vía XIV de Verín |
|
|
|
Domingo, 05 Setembro 2021 18:27 |
Caspervek Trío, conformado polo pianista Brais González, por Tonio Comesaña, a cargo do clarinete, e por Laura Lorenzo (frauta) actuou este serán en Verín no marco dunha das actividades paralelas do FIC Vía XIV. O grupo musical encargouse de por música en directo á película clásica de cinema mudo, O maquinista da xeral, realizada en 1926 por Buster Keaton. |
Ler máis...
|
Comeza a VI edición do FIC Vía XIV de Verín cunha completa axenda de actividades paralelas para todos os públicos |
|
|
|
Sábado, 04 Setembro 2021 22:22 |
Esta noite arrincou en Verín, co seu acto inaugural, a VI edición do FIC Vía XIV da vila do Támega. Un festival plenamente consolidado na axenda cultural da vila que traerá ata Verín case unha ducia de actividades paralelas relacionadas coa cinematografía, ademais dunha selección oficial de 26 curtas encadradas nas clásicas categorías do certame tales como Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. Por vez primeira, ademais, as curtas oficiais a concurso poderán seguirse online a través de festhome no enlace https://tv.festhome.com/festivaltv/fic-via-xiv. |
Ler máis...
|
Verín presente nas publicacións A natureza no Camiño e Os camiños de Ourense de Aira Editorial |
|
|
|
Xoves, 02 Setembro 2021 11:30 |
A Xunta de Galicia, o Concello de Verín e Aira editorial presentaron esta mañá publicamente os produtos relacionados co Camiño de Santiago realizados grazas ao programa O Teu Xacobeo 2021. Son propostas pensadas para todos os públicos e nos que as coordenadas da Vía da Prata, as comarcas da Limia e Verín e a provincia de Ourense no seu conxunto teñen un papel destacado. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>
|
Páxina 108 de 987 |