O Concello de Verín únese ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático |
|
|
|
Xoves, 03 Xuño 2021 18:56 |
Un total de 23 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre o que se encontra o Concello de Verín, uniranse este sábado, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, igrexas, torres e outros monumentos co fin de concienciar sobre o consumo enerxético. A acción encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático. |
Ler máis...
|
A Biblioteca pecha o seu ciclo de videoconferencias temáticas con máis de 1.000 visualizacións na súa canle de Youtube |
|
|
|
Xoves, 03 Xuño 2021 13:46 |
Esta mañá, a Biblioteca de Verín clausuraba o seu ciclo de videoconferencias temáticas con presentación do libro “Memorias non silencio” de Eva Mejuto, na que participaron 80 menores do IES Castro Baronceli e do Colexio Amor de Deus María Inmaculada. |
Ler máis...
|
O Museo de Verín reabre as súas portas para retomar o seu papel como enclave cultural do sur de Ourense |
|
|
|
Xoves, 03 Xuño 2021 10:38 |
O Museo de Verín reabre hoxe as súas portas ao público logo de varios meses pechado por mór da situación sanitaria. A tendencia á baixa dos datos de contaxios e o aceleramento da vacinación motivou a reapertura deste centro que procurará continuando a ser o enclave cultural estratéxico do sur de Ourense. Unha visión diferente, didáctica e visual pensada a partir das técnicas de interpretación patrimonial máis modernas que nos seus tres anos de vida xa constitúe un centro indispensable para os amantes da enoloxía e do patrimonio material e inmaterial. |
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, organiza dúas misións empresariais e 1 seminario empresarial transfronteirizo en formato on-line |
|
|
|
Mércores, 02 Xuño 2021 15:30 |
A Eurocidade organiza nos días 9 e 17 de xuño 2021 as misións empresariais e o 15 de xuño 2021 o Seminario empresarial. |
Ler máis...
|
A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas” |
|
|
|
Mércores, 02 Xuño 2021 12:41 |
O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, teñen un prezo de 5 euros.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 Seguinte > Final >>
|
Páxina 122 de 987 |