Aberto o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” - Campamento urbano “Támega” - 2021 |
|
|
|
Venres, 21 Maio 2021 12:26 |
O luns 24 de maio ábrese o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade”, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada a menores de 3 a 10 anos; e o Campamento urbano “Támega” para menores con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos. |
Ler máis...
|
Concello de Verín renova os seus parques infantís |
|
|
|
Venres, 21 Maio 2021 10:32 |
O Concello de Verín vén de anunciar o inicio da primeira fase do plan de renovación, mantemento e mellora dos parques infantís do municipio, cuxo obxectivo é incrementar a seguridade dos usuarios, fomentar a accesibilidade e rehabilitar o mobiliario danado. Para isto, substituiranse un total de 1.500 m² de chan dos seus parques infantís por caucho continuo e realizaranse os labores de mantemento e reparación de todas as zonas de xogo que así o precisen. |
Ler máis...
|
BANDO | Limpeza obrigatoria de biomasa nos núcleos rurais |
|
|
|
Venres, 21 Maio 2021 10:15 |
De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas a menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV de Verín acollerá na súa sesión inaugural a preestrea en Galicia do documental Tierra de Leche y Miel |
|
|
|
Xoves, 20 Maio 2021 12:28 |
O FIC Vía XIV de Verín acollerá, no marco da súa sexta edición que se celebrará a comezos de setembro, a preestrea en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que gañou a sección DOC na 65 edición do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo está moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Verín, que co seu patrocinio contribuiu a facer posible este documental. |
Ler máis...
|
48 finalistas nos certames literarios do Día das Letras Galegas de Verín |
|
|
|
Mércores, 19 Maio 2021 14:14 |
En total, corenta e oito alumnos e alumnas de cinco centros educativos da comarca de Verín foron os finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contaron, un ano máis, coa colaboración de Gadis. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 Seguinte > Final >>
|
Páxina 125 de 987 |