Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Saídas permitidas sen restriccións horarias para pasear e facer deporte nos nucleos urbanos de menos de 5.000 habitantes PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Maio 2020 00:00

Os veciños e veciñas de Verín que residan en núcleos de poboación separados de menos de 5.000 habitantes poderán saír sen restriccións horarias.

Sempre entre as 6:00 e as 23:00 horas.

Lembra respetar SEMPRE as medidas de seguridade!!!!

Os nucleos urbanos de Verín nos que, desde hoxe, xa non hai franxas horarias para pasear e facer deporte son os seguintes:

Ler máis...
 
Os netos do doutor Eloy Luis André doan preto de 200 obras é multitude de documentación asociada á Biblioteca do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Maio 2020 00:00

A Biblioteca Municipal do Concello de Verín conta xa entre os seus fondos -no espazo dedicado á cultura local- coa obra de Eloy Luis André, ilustre doutor en Psicoloxía e Filosofía, doadas recentemente polos seus netos. En concreto, son preto de duascentas obras (en varias edicións), revistas e xornais da época nos que as publicou. Ademais, no depósito figuran até medio centenar de carpetas que conteñen distintos escritos e materiais, como recortes de xornais, mapas e outros.

Ler máis...
 
O grupo de goberno anuncia o “Plan de Accións de Estímulo Económico para Verín 2020-2021” con más de 21 millóns de euros e a creación de 150 postos e traballo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Maio 2020 12:29

Intensa mañá económica no Concello de  Verín. Tras comezar a sesión gardando un minuto de silencio en recordo a todos os falecidos durante a pandemia da covid-19, o pleno municipal aprobou o orzamento para 2020 por importe de case 14 millóns de euros, cunhas inversións directas de 3.420.713,14 euros, o que triplica a cifra do ano anterior. Ademais, ao termo do pleno, o grupo de goberno deu conta do “Plan de Acción de Estímulos Económicos para Verín 2020-2021” que contempla o desembarco de 21 millóns de euros en inversións para a vila, “unha importante  inxección no tecido produtivo de Verín para superar a crise do coronavirus”, e que prevé crear 150 empregos directos.

Ler máis...
 
MAIOS SOLIDARIOS | POLA INVESTIGACIÓN DA VACINA CONTRA O COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2020 18:48

Velaquí están as coplas elaboradas este ano, con fins solidarios, polos dez colectivos participantes . Esperamos que vos gusten.

Ler máis...
 
Unha nave espacial que abduce Verín e os seus edificios máis representativos, idea creativa arredor da que se asenta o cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Abril 2020 00:00

A deseñadora Olalla Diéguez Boo é a autora do cartel ilustrador da quinta edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro deste ano. A idea creativa arredor da que se asenta o cartel toma coma eixo temático a ciencia-ficción. Así, a autora presenta unha nave espacial que abduce algúns dos edificios máis representativos de Verín, perfectamente recoñecibles no deseño, coma metáfora do poder da sétima arte, que envolve a vila durante os días que dura o certame.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 Seguinte > Final >>

Páxina 176 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>