Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Febreiro 2020 09:59

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira Agro+Verín do Lázaro, que terá lugar os días 28 e 29 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (Rúa Irmáns Moreno, s/n) – 32600 Verín (Ourense). Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 6 de marzo de 2020.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2020 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Febreiro 2020 12:59

O Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.

Ler máis...
 
O Museo Claustro Mercedario e o IES Xesús Taboada Chivite unen forzas para colaborar no proxecto “O monte vivo”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Febreiro 2020 11:57

O Museo Claustro Mercedario colabora co proxecto “ O monte vivo”, unha iniciativa baixo a cal se veñen organizando diferentes actividades co fin de poñer en valor a riqueza e importancia da flora e fauna dos montes da comarca de Monterrei. Parte do profesorado do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica do IES Xesús Taboada Chivite leva anos traballando neste proxecto que conta agora co apoio do Museo e do Concello de Verín.

Seguindo esta dirección, o vindeiro luns, 17 de febreiro, o alumnado do IES Xesús Taboada Chivite visitará as instalacións do Museo Claustro Mercedario de Verín para coñecer, grazas á exposición “Aves de Galicia”, a gran variedade de especies de paxaros que habitan na nosa comunidade. “Aves de Galicia” pretende, a través dunha serie de paneis interpretativos, recoller e amosar a variedade, morfoloxía e estudo das aves galegas.

Ler máis...
 
“Spy Cat” e “Malasaña 32” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Febreiro 2020 11:05

Durante os días 14, 15 e 16 de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Spy Cat” e “Malasaña 32” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
A muller, epicentro da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Febreiro 2020 12:40

Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Devandito evento foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e polos  responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez,  quen nesta edición márcaronse como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 Seguinte > Final >>

Páxina 184 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>