A Eurocidade Chaves-Verín AECT celebra a decisión da Comisión Europea de reducir as tarifas de roaming ata nun 50% a partir de xullo |
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 13:12 |
O Gabinete da vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da carteira da Axenda Dixital Europea, Nellie Kroes, confirmou á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín -a través do Eixo Atlántico- que, a partir do 01 de xullo, entrará en vigor a nova normativa europea de roaming, que establece novos prezos máximos e que inclúe rebaixas de ata un 55% para todos os que usen Internet nos seus dispositivos móbiles nalgún país da UE.
|
Ler máis...
|
V Volta Cicloturista 'Val do Támega' |
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 11:24 |
O próximo 13 de xullo terá lugar V Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín. |
Ler máis...
|
O destino Chaves-Verín promóvese en Expocidades 2014 |
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 11:21 |
Do 04 ao 06 de xullo terá lugar en Pontevedra a Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico 'Expocidades', na que participarán os municipios integrantes da Eurorrexión, como a Eurocidade Chaves-Verín, para amosar as súas potencialidades turísticas e promover devanditos territorios como destinos turísticos de proximidade.
|
Ler máis...
|
ACNUR analiza o incremento mundial das persoas refuxiadas no ecuador dos encontros #Alén2015 |
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 10:01 |
Amaia Celorrio, responsable de Relacións Públicas e Contido do Comité Español da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR), estará nas redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no ecuador dos encontros dixitais #Alén2015. Despois de coñecer o informe anual da organización o pasado 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, no que se pon de manifesto que o número de desprazados e solicitantes de asilo en todo o mundo superou os 50 millóns de persoas por primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial, a especialista en Relacións Internacionais e Comunicación analizará as causas deste incremento, as medidas que se están a tomar desde ACNUR para atenualas ou as tendencias globais rexistradas neste sentido pola a entidade, entre outros temas. |
Ler máis...
|
Programa de incentivos á formación e contratación |
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 08:04 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 13 de xuño de 2014, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon-cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 601 602 603 604 605 606 607 608 609 610 Seguinte > Final >>
|
Páxina 602 de 998 |