Préstamos Jeremie-Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas |
|
|
|
Martes, 10 Xuño 2014 08:47 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do do 3 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade do acordo, do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
|
Ler máis...
|
O Libro '4 Estacións' recolle o patrimonio gastronómico das comarcas Verín-Viana |
|
|
|
Luns, 09 Xuño 2014 12:34 |
O presidente da comisión de seguimento do Plan de Competitividade Puertas de Galicia e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentou esta mañá o Libro '4 Estacións' do proxecto “Castro Estacións Gastronómicas en Puertas de Galicia”.
|
Ler máis...
|
Dous atletas do EDC Verín Atletismo acadan medallas de ouro e bronce no Campionato Galego |
|
|
|
Luns, 09 Xuño 2014 12:31 |
As pistas de Balaídos (Vigo) acolleron este sábado o Campionato Galego en Pista no que participaron seis deportistas do EDC Verín e onde dous deles, Xoel Gago e Antía Castro, conseguiron a medalla de ouro e bronce nas súas respectivas categorías.
|
Ler máis...
|
III Encontro de Ximnasia dos Centros Sociocomunitarios en Verín |
|
|
|
Luns, 09 Xuño 2014 12:11 |
Na xornada de mañá 10 de xuño, de 17 a 20 horas, o complexo deportivo de A Granxa de Verín acollerá o III Encontro de Ximnasia dos Centros Sociocomunitarios de Ourense.
|
Ler máis...
|
O Conservatorio de Verín pecha o prazo de inscrición |
|
|
|
Luns, 09 Xuño 2014 12:00 |
O xoves día 12 o Conservatorio Elemental de Música de Verín pecha o prazo para a admisión de alumnado que queira comezar os estudos oficiais de música. A admisión, por esixencias lexislativas, é exclusivamente para nenos nacidos entre os anos 2006 e 2000, ambos os dous incluídos. Os inscritos terán que pasar por unha proba de acceso que se celebrará o día 16 xuño. Para esa proba non son necesarios coñecementos de linguaxe musical nin de práctica instrumental, xa que consistirá exclusivamente en exercicios de discriminación e memoria rítmica e tonal. Os trámites para participar na proba de acceso fanse na Casa do Concello (Negociado de Cultura) cubrindo un formulario gratuíto.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 601 602 603 604 605 606 607 608 609 610 Seguinte > Final >>
|
Páxina 609 de 998 |