'O Cempés Bailarín' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 19 Maio 2014 12:12 |
O vindeiro venres 23 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'O Cempés Bailarín', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo |
|
|
|
Luns, 19 Maio 2014 08:49 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 13 de maio de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
|
Ler máis...
|
Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega |
|
|
|
Luns, 19 Maio 2014 08:43 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 30 de abril de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).
|
Ler máis...
|
Gala Literaria e Musical na Casa da Cultura no Día das Letras Galegas |
|
|
|
Venres, 16 Maio 2014 12:39 |
Ás catro e media da tarde, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, acto que organiza o Concello de Verín anualmente o 17 de maio coa colaboración de Supermercados Gadis. Na gala recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín interpretará músicas de autores galegos.
|
Ler máis...
|
Programa de bolsas de internacionalización empresarial 2016 |
|
|
|
Venres, 16 Maio 2014 12:37 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 26 de abril de 2014, de ICEX España Exportación e Investimentos, pola que se convoca o programa de bolsas de internacionalización empresarial 2016.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 611 612 613 614 615 616 617 618 619 620 Seguinte > Final >>
|
Páxina 618 de 998 |