‘Día Internacional do Libro Infantil’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 24 Marzo 2014 13:20 |
O vindeiro venres 28 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. |
Ler máis...
|
Corrección de erros das bases reguladoras para a concesión de subvencións a establecementos turísticos para obtención ou mantemento da marca Q |
|
|
|
Luns, 24 Marzo 2014 12:46 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da corrección de erros da resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. |
Ler máis...
|
ACPP e o Fondo Galego fomentan a prevención fronte aos desastres naturais na Habana |
|
|
|
Luns, 24 Marzo 2014 12:43 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está contribuíndo a mellorar as capacidades da poboación da Habana Vieja para a prevención de desastres, a través dun proxecto promovido por Asemblea de Cooperación pola Paz coa Oficina do Conservador da cidade cubana. A asociación municipalista achega 29.463 euros a esta iniciativa que facilitará a posta en marcha dun Centro de Interpretación da Meteoroloxía no antigo convento de Belén, á vez que se contribúe a recuperar un Ben de Interese Cultural. Onte conmemorouse o Día Meteorolóxico Mundial.
|
Ler máis...
|
Presentación do libro “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” na sede da Eurocidade |
|
|
|
Venres, 21 Marzo 2014 13:56 |
“Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” é o título do libro de Dionísio Pereira, que será presentado ao público o próximo día 26 de marzo, ás 19 horas (hora española), na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga posto fronteirizo en Feces de Abaixo).
|
Ler máis...
|
Subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas |
|
|
|
Xoves, 20 Marzo 2014 12:44 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes ao exercicio 2014 (Deputación Provincial de Ourense).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>
|
Páxina 636 de 998 |