Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A aula CeMIT de Verín inicia o seu ciclo de actividades co seminario 'Desenvolvemento de aplicacións para IOS' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Marzo 2014 13:30

A aula CeMIT do Concello de Verín comeza o ciclo de actividades formativas para este ano 2014, coa realización o vindeiro 20 de marzo do seminario técnico 'Desenvolvemento de aplicacións para IOS' a través do sistema de videoconferencia co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

Ler máis...
 
Modificación das bases reguladoras das axudas Galicia Emprende PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Marzo 2014 09:38

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 5 de marzo de 2014 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende).

Ler máis...
 
‘Contos dos Dragóns’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Marzo 2014 13:29

O vindeiro venres 14 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos dos Dragóns', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Suspensión do Encontro con Xosé Carlos Caneiro na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Marzo 2014 13:28

Por enfermidade do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro suspéndese o encontro previsto para esta tarde na Biblioteca Pública Municipal de Verín. O mesmo, no que se ía a presentar a última obra do autor  “Las arañas en Berlín”, será realizado o vindeiro 18 de marzo tamén ás 19.30 horas.

Ler máis...
 
'Distintas Miradas' na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Marzo 2014 13:01

Dende as 20 horas do martes día 11 e ata o día 2 de abril, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra colectiva 'Distintas Miradas', con obras de membros da Asociación Fotográfica “O POTIÑOS”. No acto de apertura, algúns dos fotógrafos participantes falarán sobre os aspectos técnicos e artísticos das obras que se expoñen.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>

Páxina 640 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>