Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A verinesa Sara Salgado gañadora do Campionato escolar internacional “superTmatik” de cálculo mental PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 13:35

Sara Salgado Rato (9 anos), alumna de Cuarto Curso de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzou o primeiro posto, entre os 28.000 participantes na súa categoría, nos Campionatos escolares internacionais superTmatik de cálculo mental.

Ler máis...
 
AVISO IMPORTANTE: Corte programado de subministro de auga no Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 10:25

O vindeiro martes, 12 de xuño, a partires das 09:00 horas estará suspendido o subministro de auga nas rúas Avenida de Laza (dende o Nº148 ata o Nº176), Rúa da Touza e Souto Laranxo.  O servizo será reposto ao longo da mañá no menor tempo posible.

Este corte ven ocasionado polas obras, realizadas por EMI-Alvarez na Avenida de Laza, para a instalación da nova tubería xeral de abastecemento e enganches de acometidas. Asimesmo, informamos de que este será o derradeiro corte por  estas obras municipais e de que se colocarán carteis informativos nas vivendas afectadas.

Desculpen as molestias 

Ler máis...
 
Contacontos “Raposadas”, de Raquel Queizás, na Biblioteca de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 10:01

O vindeiro venres 15 de xuño, ás 18 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle o contacontos "Raposadas", con Raquel Queizás.

Trátase dunha colleita de contos populares da nosa terra, dos que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e nenos galegos.



A autora, con estos relatos, pretende axudar a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións. Para esto, creou a figura dunha raposa moi lista e curiosa á que lle gusta achegarse á aldea para ver xogar aos nenos e as nenas, visitar a outros animais e escoitar as historias que se narran nas lareiras.

A actividade vai dirixida a un máximo de 40 socios da biblioteca con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. Para participar é necesario inscribirse no teléfono 988413624 ou no email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
“Jurassic World: El Reino Caído” no cinema municipal de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Xuño 2018 09:48

Durante os días 15, 16 e 17  de xuño, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Jurassic World: El Reino Caído” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2018” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Xuño 2018 12:02

Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que dende o 8 de xuño abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2018”, unha iniciativa lúdico-deportiva, que se desenvolverá desde o luns 2 de xullo ata o xoves 31 de agosto, destinada a un máximo de 180 menores, nados dende o 2004 ata o 2014.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 Seguinte > Final >>

Páxina 285 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>