Máis de 2.800 persoas participaron no II Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín, que deixou un retorno económico directo na vila superior aos 30.000 euros |
|
|
|
Mércores, 30 Maio 2018 11:19 |
A II edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV, celebrada entre os días 1 e 9 de decembro do ano pasado en Verín, deixou un retorno económico directo para a vila cifrado en 30.515 euros. A esta cantidade hai que sumar o valor dos intanxibles que contribúen a fortalecer a marca Verín. Entre eles, tal e como salienta o director do certame, Carlos Montero, destaca o valor da comunicación xerada en torno ao evento, que ascende a 247.500 euros (o que valería unha campaña de publicidade en termos equivalentes). Pola súa banda, Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín destaca “que o festival sitúase no epicentro da intensa programación cultural que o Concello ten desenvolvido ao longo dos últimos tres anos; unha axenda con carácter estable, que contribúe á dinamización da vila”. |
Ler máis...
|
Máis de 650 persoas participaron na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín |
|
|
|
Martes, 29 Maio 2018 12:00 |
Máis de 650 persoas participaron nas actividades programadas a pasada fin de semana (25 e 26 de maio) na marco das Primeiras Xornadas de Novela Histórica de Verín, organizadas pola Biblioteca Municipal, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega). |
Ler máis...
|
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra teatral “Os Coleccionistas” |
|
|
|
Martes, 29 Maio 2018 10:39 |
O vindeiro sábado 2 de xuño, ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra teatral “Os Coleccionistas. A arte feita comedia”, unha divertida e interactiva comedia, interpretada por Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, que mestura textos cómicos e creación escénica espontánea con música en directo. |
Ler máis...
|
A aula CeMIT de Verín oferta oito accións formativas para o mes de xuño |
|
|
|
Luns, 28 Maio 2018 11:36 |
Durante o mes de xuño, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará oito accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías. |
Ler máis...
|
“Deadpool 2” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 28 Maio 2018 10:12 |
Durante os días 1 e 2 e 3 de xuño , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Deadpool 2” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 Seguinte > Final >>
|
Páxina 288 de 987 |