A AECT Chaves – Verín contribúe en Bruxelas ao futuro Regulamento Europeo que acabará coas barreiras á cooperación aduaneira. |
|
|
|
Venres, 29 Xuño 2018 10:01 |
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves - Verín foi convidada pola Comisión Europea a participar esta semana en Bruxelas na segunda reunión anual de expertos Europeos en Cooperación Territorial. Esta cita ten como obxectivo aportar valor á proposta de Regulamento do Parlamento e do Consello Europeos relativa a un mecanismo para superar os obstáculos xurídicos e administrativos no contexto aduaneiro COM/2018/373 final 2018/0198 (COD). |
Ler máis...
|
O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial. |
|
|
|
Xoves, 28 Xuño 2018 11:37 |
Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, o respecto, a diversidade e a liberdade. |
Ler máis...
|
Verín presenta a súa oferta de 11 accións formativas para o mes de xullo. |
|
|
|
Xoves, 28 Xuño 2018 10:38 |
Durante o mes de xullo, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará un total de once accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e das novas tecnoloxías. Ademais disporá dunha aula aberta para o uso libre dos usuarios da rede Cemit e a resolución de dúbidas informáticas. |
Ler máis...
|
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, ratifica a absoluta legalidade das actuacións na estrada nova da Marbana. |
|
|
|
Mércores, 27 Xuño 2018 13:10 |
“O trazado do novo vial no barrio da Marbana foi aprobado no pleno do Concello de Verín cos votos únicos do PP”. Con estas palabras o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, ratificou a “absoluta legalidade” de esta actuación, que estaba incluida no PXOM aprobado polo anterior goberno popular o 31 de de decembro de 2012, e que conta con todos os requisitos legais para a súa realización. “Tanto no 1986, como no 1998 e no 2012 o sr. Jiménez votou a favor desta actuación, por eso é asombroso que agora a critique”. |
Ler máis...
|
Remata o primeiro ciclo do programa formativo para coidadores non profesionais de persoas dependentes. |
|
|
|
Martes, 26 Xuño 2018 11:33 |
O pasado xoves, 21 de xuño, tivo lugar a clausura do primeiro ciclo formativo dirixido a coidadores/as non profesionais que de forma habitual teñan a persoas dependentes ao seu cargo. Este programa formativo é un proxecto do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei e a Deputación Provincial de Ourense. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 Seguinte > Final >>
|
Páxina 281 de 987 |