Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, achega boas prácticas en igualdade de xénero a edís mozambicanas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Outubro 2016 16:25

Concelleiras de catro municipios socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegaron a súa experiencia en equidade de xénero ás edís e alcaldesas que conforman a Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique. A concelleira de Educación e Cultura de Verín, Emilia Somoza, e mais as de Igualdade de Lugo, Moaña e San Sadurniño participaron durante os días 29 e 30 no encontro nacional organizado en Maputo polas súas homólogas africanas. Ana G. Abelleira, María Ortega, Ana B. Gundín e Emilia Somoza compartiron boas prácticas no eido das políticas municipais de xénero e darán algunhas claves para favorecer a participación das mulleres na política local.

Ler máis...
 
Xornadas sobre o Medio Ambiente na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Outubro 2016 08:19

Entre os días 8 de outubro e 3 de decembro terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín de Verín varias xornadas temáticas sobre o Medio Ambiente, en concreto sobre o río Támega e o Invernadoiro. Devandita iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio, coa colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
As augas de Chaves - Verín conseguen seis premios internacionais en México PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Outubro 2016 15:56

As augas de Chaves-Verin, Eurocidade da auga, conseguiron seis premios internacionais, alcanzando os tres primeiros postos nas augas con gas carbonico natural, na 14ª Cata Internacional de Augas de Termatalia México 2016- dirixida  pola catadora galega Mercedes González- o pasado venres 30 de setembro.

Ler máis...
 
Obradoiro do Cigarrón 2016-2017 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2016 09:02

O Concello de Verín  organiza desde o ano 1997 o Obradoiro de Cigarrón. Con esta iniciativa pretende que a máscara máis antiga e con máis significado patrimonial do Entroido verinés se manteña dentro duns canons de respecto polas formas tradicionais. Para iso, no Obradoiro ensinase a facer todos os elementos do Cigarrón, salvo o pintado da careta e os compoñentes de produción industrial. As persoas interesadas poden facer a máscara completa ou partes (traxe, careta). No caso de que queiran facer o traxe, é indispensable ter coñecementos de confección con máquina e de calceta, e estar dispostos a levar máquina propia ou a aprender compartindo máquina industrial.

Ler máis...
 
Ciclo adicado a Camilo José Cela na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2016 14:18

A Biblioteca Pública do Concello de Verín celebra o centenario do nacemento de Camilo José Cela cun ciclo de diferentes actidades.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 391 392 393 394 395 396 397 398 399 400 Seguinte > Final >>

Páxina 395 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>