Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Fomento autoriza ao Concello de Verín a reforma dos tres cruces principais do seu casco urbán PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2016 13:13

-As obras comezaran de xeito inmediato e está previsto o seu remate en decembro
O Ministerio de Fomento ven de dar o visto bon á reforma dos tres principais cruces que atravesan o casco urbán de Verín. O obxectivo das obras, propostas polo goberno municipal da vila, é superar o deseño antigo de cando non existía a A-52, e as vías nacionais canalizaban un intenso tráfico pola cidade. Trátase de abrir estas arterias aos peóns,  aumentando o seu nivel de permeabilidade. As obras escomezarán de xeito inmediato, e está previsto o seu remate en decembro.
Ler máis...
 
O vindeiro mercores 28 terá lugar na Casa da Xuventude de Verín unha charla sobre o Voluntariado Europeo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2016 10:00
Amigos da Terra e o Concello de Verín realizarán o mércores 28 na Casa da Xuventude unha presentación sobre o voluntariado europeo, para informar das súas vantaxes á mocidade e entidades da comarca.
Así, o Concello de Verín contribúe o proxecto de promoción entre a mocidade da comarca do Servizo de Voluntariado Europeo. Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeos para que coñezan as diferentes realidades doutros países participantes en iniciativas sociais, artísticas, culturais ou do patrimonio e medio ambiente.
Ler máis...
 
A Oficina de Desenvolvemento Local de Verín lembra que o prazo para participar nos programas de asesoramento e os premios do programa #Responsabilízate rematan esta semana PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Setembro 2016 08:25

A Oficina de Desenvolvemento local do Concello de Verín lémbralle a todos os veciños que o próximo día 30 finaliza o prazo para inscribirse no programa de Responsabilidade Social Empresarial. Este é un servicio de consultoría para mellorar a eficacia a productividade das empresas, e que inclúe cada ano tamén un recoñecemento ás mellores empresas no eido das boas prácticas en RSE. En 2015 foron galardoadas nove empresas.
Ler máis...
 
A concelleira de Cultura e Educación de Verín, Emilia Somoza, participará en Mozambique nun programa do Fondo Galego de Cooperación PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Setembro 2016 13:55
A concelleira de Cultura e Educación do Concello de Verín, Emilia Somoza, participará en Mozambique nun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto con outras tres concelleiras de Lugo, Moaña e San Sadurniño. Analizará o papel das mulleres no cambio político nas súas comunidades, xunto coas políticas de educación e igualdade.
Ler máis...
 
O Concello de Verín conmemora o “Día Mundial do Alzhéimer” con diversas actividades PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Setembro 2016 09:30

O 21 de setembro celébrase o “Día Mundial do Alzhéimer”, data na que se realizan en diferentes países actividades para concienciar e axudar a previr esta doenza mental que acada xa no noso país os 4,5 millóns de enfermos e espérase que para o ano 2050 esta cifra alcance os 131.5 millóns no Mundo. O Concello de Verín, dende a área de Servizos Sociais Comunitarios e en colaboración coa Concellería de Cultura, únese á celebración de este día, como cada ano, coa realización de diferentes actividades:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 391 392 393 394 395 396 397 398 399 400 Seguinte > Final >>

Páxina 396 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>