Alerta laranxa en Verín por vento e choiva |
|
|
|
Martes, 08 Outubro 2024 17:29 |
O Concello de Verín informa que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a través do 112 Galicia, decretou unha Alerta Laranxa para toda a comunidade autónoma debido a un fenómeno meteorolóxico adverso, con previsión de fortes choivas e ventos intensos. |
Ler máis...
|
Verín acolle a IV edición da Festa da Cervexa |
|
|
|
Venres, 04 Outubro 2024 12:58 |
Os vindeiros días 11 e 12 de outubro, o Concello celebrará a IV edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que ofertarán una variada selección gastronómica, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron esta mañá Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Cultura, Festexos, Turismo e Conservatorio. |
Ler máis...
|
Verín homenaxea a Eloy Luis André cun ciclo de conferencias e exposición |
|
|
|
Mércores, 02 Outubro 2024 11:38 |
O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín, organizan un ciclo de actividades dedicadas á figura de D. Eloy Luis André, un dos máis relevantes intelectuais galegos, escritor, pensador e introdutor da psicoloxía moderna en España. Nado en Mourazos en 1876 e falecido en Madrid en 1935, a súa traxectoria será revisada dende múltiples enfoques ao longo do mes de outubro. |
Ler máis...
|
Unha trintena de maiores de Verín participan nun curso sobre Internet e telefonía móvil impartido polo Concello |
|
|
|
Martes, 01 Outubro 2024 08:42 |
Esta mañá deu comezo en Verín a segunda edición do curso de formación en Internet e telefonía móbil dirixido ás persoas maiores da localidade, organizado polo Concello de Verín a través do proxecto "Cara a Conquista do Benestar" e enmarcado no programa Voluntariado Sénior da área de Benestar Social. Unha trintena de maiores participarán nesta iniciativa, que busca seguir reducindo a brecha dixital xeracional e mellorar a calidade de vida deste colectivo. |
Ler máis...
|
CM de Aceites de oliva e viños no García Barbón |
|
|
|
Martes, 24 Setembro 2024 07:52 |
Hoxe día 24 de setembro remata o prazo para matricularse no CM de Aceites de oliva e viños en modalidade dual, esta formación da a posibilidade de formarse e facer prácticas remuneradas nun sector en expansión en colaboración coas adegas da D.O. Monterrei. https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/aulavirtual/course/index.php?categoryid=142
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 987 |