Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'Camiños da guitarra clásica galega' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Decembro 2014 12:29

'Camiños da Guitarra Clásica Galega' é o concerto que interpretará na Casa da Cultura de Verín o venres día 5 de decembro, ás 20.15 horas, o recoñecido músico e investigador Samuel Diz (Tui, 1986). O acto, de libre acceso, está patrocinado por Turismo de Galicia. O concerto enmárcase na xira de presentación do disco Guitarra Clásica Galega (Ouvirmos, 2012).

Samuel Diz está graduado no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla. Nos cursos de Música en Compostela recibiu o Premio Andrés Segovia. Ten actuado en diferentes países dos continentes europeo, americano e africano, destacando a súa presentación en The Council on Latin American and Iberian Studies-CLAIS da prestixiosa Yale University (EE.UU), no Harare International Festival of the Arts-HIFA (Zimbabwe), ou o seu recente debut como solista no Palau da Música Catalana, no que recibiu o Premio da Crítica polo “estudo e coherencia do programa, seguridade escénica e son diáfano”.

Ler máis...
 
O equipo alevín masculino do EDC Verín vence no Belarmino Alonso PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Decembro 2014 12:24

O conxunto alevín masculino do EDC Verín acadou a vitoria na competición por equipos da XXXVI edición do cross Belarmino Alonso, organizado polo Comesaña Sporting Club de Vigo.

Ler máis...
 
Axudas programas Emprendetur I+D+i e Emprendetur Mozos Emprendedores PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Decembro 2014 09:23

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+i e Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral del Turismo.

Ler máis...
 
Subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais do ano 2014 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Decembro 2014 14:20

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras da convocatoria polo procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais do ano 2014. Toda a información no seguinte link.

 
"Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago" na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2014 14:24

O luns día 01 de decembro, ás 17 horas, inaugurarase na Sala de Exposicións de Verín a mostra fotográfica e audiovisual “Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago”.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>

Páxina 551 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>