Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Amarante Setem visita as redes sociais do Fondo Galego para falar de consumo responsable PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Novembro 2014 13:33

Nanda Couñago, directora da ONGD Amarante Setem, visita as redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para falar sobre as alternativas existentes ao actual sistema de consumo internacional, a través da promoción de certas prácticas baseadas no comercio xusto ou a compra pública responsable, a denuncia de modelos produtivos globalizados ou o apoio a plataformas en pro da xustiza social, entre outras cuestións.

Ler máis...
 
Presentación do 'Anuario Fol de Veleno nº4' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Novembro 2014 13:28

O xoves 27 de novembro, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do 'Anuario Fol de Veleno nº4', a cargo de Rafa Quintía Pereira e Miguel Losada García, presidente e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Ler máis...
 
Axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Internacionalización no marco do Plan Nacional Integral de Turismo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Novembro 2014 11:08

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Orde IET/2200/2014, do 20 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Internacionalización no marco do Plan Nacional Integral de Turismo.

Ler máis...
 
'Contos dos Dinosaurios' na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Novembro 2014 13:28

O vindeiro venres 28 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos dos Dinosaurios', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Verín conciencia fronte a desigualdade de xénero a través do 'Cine con Fondo' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Novembro 2014 13:24

Verín acolle ao longo desta semana un 'Ciclo de Cine con Fondo' sobre as desigualdades de xénero, no marco da programación polo Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se conmemora mañá martes 25 de novembro.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 551 552 553 554 555 556 557 558 559 560 Seguinte > Final >>

Páxina 553 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>