O aclamado artista arxentino Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín |
|
|
|
Mércores, 19 Abril 2023 11:28 |
A Escola de Teatro Kotodama vén de anunciar que o aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá un taller de clown do 1 ao 4 de maio en Verín. Devandita formación será gratuíto e realizarase na escola de teatro Kotodama, cun espectáculo final que percorrerá as rúas da cidade. |
Ler máis...
|
Técnicos da Denominación de Orixe e do Museo do Viño de Galicia identifican milleiros de documentos clave para a historia de Monterrei no despacho de Recaredo Romero |
|
|
|
Martes, 18 Abril 2023 11:54 |
Os investigadores do futuro que se mergullen na historia de Monterrei terán unha axuda imprescindible no arquivo do comerciante Recaredo Romero. Prezos e tipos de uva, censos gandeiros, modelos de propiedade da terra e todo tipo de detalles sobre a historia agraria da bisbarra nas décadas centrais do século pasado son o primeiro tesouro que acaba de entregar aos estudosos da historia o edificio do novo Museo de Verín, recentemente adquirido polo Concello. Técnicos do Museo do Viño de Galicia e da D.O. Monterrei realizaron unha primeira inspección dos mesmos, e desenvolverán agora tarefas de conservación, inventariado e restauración, para polos no futuro ao dispor dos investigadores. |
Ler máis...
|
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" |
|
|
|
Martes, 18 Abril 2023 09:09 |
Os días 21, 22 e 23 de abril, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
O Concello de Verín convoca o certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez |
|
|
|
Luns, 17 Abril 2023 11:46 |
Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez. |
Ler máis...
|
Pleno Extraordinario Urxente | 13 de abril |
|
|
|
Xoves, 13 Abril 2023 12:34 |
O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
- Ratificación da urxencia da convocatoria.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente de data 08/2/2023.
- Expediente 1309/2023. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
- Expediente 330/2023. Aprobación da conta xeral do exercicio 2021.
- Expediente fact-2023-836. Levantamento de reparo de legalidade 7/2023.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>
|
Páxina 62 de 1000 |