O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite |
|
|
|
Sábado, 15 Outubro 2022 10:01 |
Desde a área de Deportes do Concello de Verín ponse en marcha, en colaboración co IES Taboada Chivite, un Curso de Iniciación ao Tenis, enfocado a mozos de ata 18 anos, coa finalidade de achegar este deporte tan completo aos máis pequenos. |
Ler máis...
|
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas |
|
|
|
Sábado, 15 Outubro 2022 11:30 |
O martes 18, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas, Catedrática de Bioloxía e Xeología en Educación Secundaria, ampliamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica. |
Ler máis...
|
Verín proxectará “Malencolía” no marco do Ciclo Mestre Mateo |
|
|
|
Venres, 14 Outubro 2022 08:53 |
O Concello de Verín continúa coas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. A vindeira cita será o domingo 23 de outubro, ás 19.00 horas, coa proxección do filme Malencolía no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín, lugar no que terán lugar todas as exhibicións programadas no marco desta iniciativa. (Os filmes proxectaranse mensualmente ata novembro, sempre con carácter gratuíto). |
Ler máis...
|
A Casa da Cultura de Verín acollerá a vindeira semana a proxección das curtas gañadoras do fic 2022 |
|
|
|
Xoves, 13 Outubro 2022 10:23 |
O Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín vai acoller a vindeira semana un pase especial das diferentes curtas que obtiveron premio na máis recente edición do FIC Vía XIV, que se desenvolveu a principios do pasado mes de setembro na vila do Támega. A proxección terá lugar o 21 de outubro, venres, a partir das 21.00 horas, e será gratuita ata que se complete o aforo do recinto. |
Ler máis...
|
Máis de 7000 persoas visitaron a segunda edición da Festa da Cervexa de Verín |
|
|
|
Martes, 11 Outubro 2022 12:38 |
A segunda edición da festa da cervexa de Verín atraeu a máis de 7.000 persoas ao longo dos tres días de celebración. Unha cifra que supera en máis de 2.500 asistentes á do ano anterior e que confirma a crecente popularidade deste evento. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>
|
Páxina 66 de 987 |