Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Festival de ‘Bandas de Garagem’ na Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Outubro 2013 13:30

A Eurocidade apoia, por segundo ano consecutivo, o Festival de Bandas de Garagem “Chaves Underground na Eurocidade Chaves-Verín”, que se realizará os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Centro Cultural de Chaves.

No evento acutarán bandas locais do territorio da Eurocidade, como Green Plant, Origins, Clave, WallSmille que contarán tamén coa a participación de DJ's. O festival terá inicio ás 22.30 horas (hora local) no Garagem Centro Cultural de Chaves, un local con aproximadamente 1.000 metros cadrados, que foi organizado de modo que 800 m2 libres puidesen ser utilizados para a realización de eventos deste xénero; e ademais as paredes do espazo cultural foron decoradas con graffitis realizados por mozos/as flavienses e verinenses na 1ª edición deste festival, co obxecto de conceder ao espazo unha decoración urbana e moderna, e aos/ás rapaces/as a oportunidade de mostrar a súa “arte” ao publico.

Ler máis...
 
A exposición itinerante de Roberto Vidal Bolaño chega á Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Outubro 2013 12:55

Desde mañá martes, e ata o 11 de novembro, a  Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a exposición itinerante sobre a figura e obra de Roberto Vidal Bolaño, organizada pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ler máis...
 
‘Samain’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 26 Outubro 2013 16:17

Con motivo da celebración do ‘Samain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, o vindeiro xoves 31 de outubro, de 18 a 19.30 horas, unha sesión de contacontos e manualidades.

Ler máis...
 
Chaves e Verín contarán cunha Escola Superior de Saúde da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 26 Outubro 2013 16:15

Os rexedores de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, recibiron hoxe a responsables (vicerrector e responsables de área médica e de enfermería) da Universidade de Barcelona para visitar o territorio da Eurocidade co obxecto de presentar un proxecto educativo destinado a ampliar a oferta formativa da Escola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado de Chaves, que pasará a denominarse Escola Superior de Saúde da Eurocidade.

Ler máis...
 
O fotoxornalista Rober Amado prepara en Cabo Verde unha exposición para o Fondo Galego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Outubro 2013 12:34

O fotógrafo Rober Amado áchase ata finais de mes en Cabo Verde retratando a vida no arquipélago africano e os proxectos alí apoiados durante os últimos once anos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para preparar unha exposición que logo xirará por municipios de toda Galicia. A viaxe forma parte do premio da primeira edición de ‘Imaxes con Fondo’ 2012, certame que o fotoxornalista ferrolán residente no Carballiño gañou o pasado ano.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>

Páxina 662 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>