Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Outubro 2013 09:15

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 18 de setembro de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Ler máis...
 
Duascentas trinta persoas participan na 7ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín/XVIII Paseo Raiano de Vilarelho da Raia: Ruta dos Muíños PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Setembro 2013 12:21

Un total de 230 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na  sétima edición da súa andaina popular, organizada conxuntamente co XVIII Paseo Raiano do  Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia.

Ler máis...
 
Presentación da Escola Municipal de Tenis 2013-2014 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Setembro 2013 09:17

Hoxe luns, 30 de setembro, ten lugar no IES Taboada Chivite a presentación da Escola Municipal de Tenis para esta tempada. Todos os pre-inscritos/as e aqueles/as nenos/as aínda non se inscribiron, pero están interesados/as, poden acudir ás 18.30 horas para as probas de nivel, clasificación de grupos, establecemento de horarios e a explicación da participación da Escola Municipal de Tenis no Circuíto Escolar durante este curso.

 
Clase musical gratuíta para menores de sete anos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Setembro 2013 12:02

Os/As nenos/as de 7 anos de idade están convidados o vindeiro luns día 30 a unha clase gratuíta de música que lles ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín. A actividade desenvolverase na Casa da Música (rúa José María Pereda, 3) das 6 ás 7 horas da tarde. O profesor será Alejandro Vázquez “Alex”, 27 anos de idade, titulado superior de música.

Ler máis...
 
Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Setembro 2013 08:44

Desde a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>

Páxina 669 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>