O fotógrafo Jose Romay gaña o concurso ‘Imaxes con Fondo’ cunha serie da inmigración en El Ejido |
|
|
|
Xoves, 22 Novembro 2012 14:38 |
O fotógrafo Jose Romay vén de gañar o concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Unha serie tirada nunha zona de invernadoiros onde traballan e viven inmigrantes en El Ejido (Almería) mereceulle a este profesional, veciño de Meis, unha viaxe a Cabo Verde para realizar un traballo fotográfico sobre algún dos proxectos apoiados pola entidade organizadora. O mozo de 15 anos Xiao Aller, da Estrada, venceu na categoría xuvenil co retrato dun burro agredido. O premio é unha cámara réflex e un lote de produtos de comercio xusto.
|
Ler máis...
|
Presentación do proxecto 'Innova 1' en Verín |
|
|
|
Xoves, 22 Novembro 2012 13:15 |
O vindeiro xoves 29 de novembro, ás 19.30 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación do proxecto 'Innova 1', un sistema ambiental destinado a reutilización de augas grises, e que conta coa colaboración do departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, Cámara de Comercio de Ourense -a través da Antena Local de Verín-, Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar.
|
Ler máis...
|
Unha ducia de mozos europeos participan no seminario 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' da Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Martes, 20 Novembro 2012 18:26 |
Na xornada de hoxe, a sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu a inauguración do seminario 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' na que participan unha ducia de mozos e mozas das Eurorrexións Aquitania-Euskadi e Ister-Granum (Hungría-Eslovaquia) e da Eurocidade Chaves-Verín.
|
Ler máis...
|
Obradoiro 'Defensa persoal para mulleres' en Verín |
|
|
|
Martes, 20 Novembro 2012 14:28 |
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, a área de Deportes do Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei programan a realización do obradoiro 'Defensa persoal para mulleres'.
|
Ler máis...
|
Vinte menores participan na iniciativa 'Kero-Kolo' de Verín |
|
|
|
Martes, 20 Novembro 2012 14:26 |
Un total de vinte menores, acompañados das súas nais ou pais, participaron hoxe na xornada inaugural da iniciativa 'Kero-kolo', organizada polo departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>
|
Páxina 765 de 995 |