O Fondo Galego cofinancia proxectos propios e de ONGD en Nicaragua, Honduras, Cuba e India |
|
|
|
Xoves, 25 Outubro 2012 08:57 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asinou esta mañá con catro ONG os convenios para cofinanciar outros tantos proxectos de cooperación en países do Sur. A resolución da convocatoria de proxectos de 2012, aprobada na última Asemblea xeral, inclúe ademais senllas actuacións de cooperación directa da entidade cos seus parceiros en terreo.
|
Ler máis...
|
Seminario europeo 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' na Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Mércores, 24 Outubro 2012 11:26 |
Do 19 ao 24 de novembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Seminario europeo 'A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas' na Eurocidade Chaves-Verín, coa finalidade de que representantes de colectivos e líderes xuvenís de distintas agrupacións transfronteirizas europeas poidan debater sobre as súas propias realidades e compartir as súas experiencias sobre participación xuvenil, xerando novos materiais e recursos para o traballo coa mocidade, de cara a fixar poboación, e promover a colaboración entre os mozos e mozas dun lado e o outro da raia. |
Ler máis...
|
'Foro xuvenil transfronteirizo' na Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Mércores, 24 Outubro 2012 11:25 |
O vindeiro 9 de novembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado promove a celebración dun 'Foro xuvenil transfronteirizo', en colaboración co Instituto Portugués de Deporte e Xuventude, Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín. |
Ler máis...
|
'Día Internacional das Bibliotecas’ en Verín |
|
|
|
Xoves, 18 Outubro 2012 09:13 |
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do ‘Día Internacional das Bibliotecas’, unha actividade cultural o vindeiro mércores 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.
|
Ler máis...
|
Alcaldías alemás interésanse pola cooperación municipalista do Fondo Galego en Nicaragua |
|
|
|
Xoves, 18 Outubro 2012 08:51 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comparte esta semana con municipios e ONGD de Alemaña a súa experiencia en Nicaragua. O secretario da entidade, Daniel González Palau, viaxa mañá xoves á cidade xermana de Wuppertal convidado por Fine+p, organización parceira do proxecto europeo ‘Redes para o desenvolvemento’, onde o Fondo Galego asesora a Portugal e Alemaña na promoción das súas redes de cooperación descentralizada, na procura dun maior impacto e eficacia nos procesos de cooperación internacional que nacen do poder local. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>
|
Páxina 770 de 995 |