Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

'Títerehop' na Piscina Climatizada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Maio 2012 13:00

A Piscina Climatizada de Verín acollerá mañá sábado, ás 10.30 horas, a actividade de 'Títerehop', do programa FalaRedes! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Finalistas do ‘Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez’ e do ‘Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez’ na edición de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Maio 2012 12:56

A Casa da Cultura de Verín acolleu, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a entrega dos premios do 'Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez' e do 'Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez'. En total foron 78 relatos curtos e poemas escritos por alumnos/as dos CEIPs de Castrelo do Val, de Oímbra, O Castiñeiro de Laza e Amaro Refojo de Verín, os colexios María Inmaculada e Apostólico Mercedario, e os IES Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá os seminarios “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Maio 2012 12:55

Durante os meses de maio e xuño, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a realización dos seminarios gratuítos “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Ler máis...
 
Conferencia ' Eurocidade Chaves-Verín: un enclave innovador para o desenvolvemento de oportunidades' na UCM PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Maio 2012 12:51

Na xornada de hoxe 18 de maio, a facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid acolleu a conferencia 'Proxecto Eurocidade  Chaves-Verín: un enclave innovador para o desenvolvemento de oportunidades', destinada aos/ás alumnos/as do grado de Relacións Internacionais, estudantes da licenciatura de Ciencias Políticas e alumnos/as do doutorado en Cooperación Internacional.

Ler máis...
 
Gala Músico-Literaria das Letras Galegas na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 13:53

Mañá xoves, ás 18 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas. No acto, organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Gadis, actuará o Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín e leranse os traballos gañadores das diferentes modalidades nas que se organizan o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 791 792 793 794 795 796 797 798 799 800 Seguinte > Final >>

Páxina 796 de 995
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>