|
Arranca o Programa de Benestar Termal da Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
|
Martes, 09 Decembro 2008 19:34 |
|
Tras a recentemente finalizada primeira edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade Chaves-Verín, e dado o interese manifestado pola poboación de ambos municipios, lánzase, para este mesmo fin de semana, un Programa de Benestar Termal accesible a todos os interesados e interesadas. |
|
Ler máis...
|
|
Exposición 'Eurocidade Chaves-Verín' |
|
|
|
|
Martes, 02 Decembro 2008 19:37 |
|
Dez artistas verinenses e dez flavienses participan na exposición de artes plásticas “Eurocidade Chaves-Verín” que a Casa do Escudo de Verín acolle ata o 16 de decembro. Unha mostra que busca estreitar as relacións entre os artistas de Verín e Chaves, a través da participación en exposicións colectivas e a presentación ás respectivas comunidades dun par de obras de cada artista. Este proxecto expositivo retoma o espírito de iniciativas puntuais de colaboración transfronteiriza que se remontan no tempo ás colectivas do Inter-Támega ou ás máis recentes de “Artistas Tamaganos”. |
|
Ler máis...
|
|
Presentación ‘Apagón Analóxico’ |
|
|
|
|
Martes, 09 Decembro 2008 15:51 |
|
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir das 20 horas, a presentación ‘Apagón Analóxico’, a cargo de Retegal SA, e na que participarán o director do Departamento de Comunicacións e Relacións Externas da CRTVG, Pastor Lorenzo Sola, o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Fernández Iglesias, ou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entre outros. Nesta presentación abordaranse cuestións como a transición cara á Televisión Dixital Terrestre (TDT) ou o cesamento das emisións analóxicas en Galicia, que na zona da comarca de Verín producirase o próximo 30 de xuño de 2009. |
|
Conmemoración do 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos |
|
|
|
|
Martes, 09 Decembro 2008 15:49 |
|
O Concello de Verín, con motivo do 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humano, organiza a un maratón de relatos, no que intervirán persoas das distintas nacionalidades e etnias que viven na comarca de Verín. O acto para a infancia e a mocidade terá lugar ás 18 horas, na Casa da Cultura; e para os adultos, ás 19 horas, na Biblioteca Pública Municipal. Esta actividade, organizada pola Delegación Municipal de Cultura, conta coa colaboración das oficina municipais de Educación Familiar, Plan Xitano, Desenvolvemento e Actuación de Acollida e Integración de Persoas Inmigrantes, e a Biblioteca Pública Municipal. |
|
Venres, 05 Decembro 2008 11:25 |
|
O Concello de Verín con motivo do Nadal 2008/09 organiza as seguintes actividades: |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 981 982 983 984 985 986 987 988 989 990 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 985 de 1003 |