Estrea en Verín de Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que busca saldar unha débeda histórica |
|
|
|
Xoves, 10 Setembro 2020 09:10 |
Como parte da axenda da actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acolleu hoxe a estrea do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que busca saldar una débeda histórica sobre un asunto en torno ao cal ata agora se gardara silencio: a historia de explotación sexual á que se viu sometida unha parte da emigración feminina galega a Cuba, a comezos do século XX. |
Ler máis...
|
Os lazanos apoian masivamente a estrea do documental Entroidar |
|
|
|
Martes, 08 Setembro 2020 10:09 |
Con cheo total de aforo, e moito público procedente de Laza, o Auditorio de Verín acolleu este serán a estrea oficial do documental Entroidar, dirixido polo compostelán Pablo Ces. Un traballo que se centra en divulgar o carácter especial e a singularidade do Entroido lazano, “un lugar no que este se vive case coma unha relixión”, segundo asegura Ces. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV ofrece unha proposta sonora alternativa á curta O carro e o home |
|
|
|
Luns, 07 Setembro 2020 10:07 |
O FIC Vía XIV explorou un ano máis a relación entre a música e o cinema, un dos eixos recurrentes ao longo dos seus cinco anos de vida. Nesta ocasión, a organización do Festival contou co apoio dun grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, que ofreceu unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental. |
Ler máis...
|
A aposta pola seguridade de asistentes, convidados e equipo organizador, premisa básica baixo a que se desenvolve o FIC Vía XIV de Verín 2020, inaugurado hoxe |
|
|
|
Sábado, 05 Setembro 2020 10:01 |
A V edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, inaugurouse este serán no Auditorio da Vila baixo a premisa básica de apostar pola seguridade dos asistentes, dos convidados e do equipo organizador. Para iso, deseñouse un completo protocolo anti-Covid que incluirá, entre outras medidas, desinfección rigorosa do espazo de proxección tras cada sesión ou pase mediante un novidoso sistema nebulizador. |
Ler máis...
|
O FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado súa quinta edición con 39 curtas a concurso |
|
|
|
Xoves, 03 Setembro 2020 15:44 |
A quinta edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Serán oito días nas que a maxia do cinema e un bo número de actividades paralelas relacionadas directa e indirectamente con este ámbito encherán de cor e vida o Auditorio, espazo central no que se desenvolverá o certame. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 Seguinte > Final >>
|
Páxina 165 de 987 |