Gran éxito da estrea do filme “María Solinha” de Ignacio Vilar no Autocine de Verín |
|
|
|
Luns, 22 Xuño 2020 17:33 |
O primeiro pase do autocine de Verín celebrado este domingo no aparcamento “centro”, organizado polo Concello de Verín, pechou o pano co seu aforo completo. En total foron 120 coches, a totalidade da capacidade do recinto, os que se estacionaron na zona habilitada para ver a estrea da a última película de Ignacio Vilar, María Solinha. |
Ler máis...
|
Abre o prazo de inscrición para a Ludoteca Deportiva 2020 |
|
|
|
Luns, 22 Xuño 2020 12:11 |
Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que dende o 23 de xuño abre o prazo de inscrición para o programa deportivo “Ludoteca Deportiva 2020”, unha iniciativa lúdico-deportiva que se desenvolverá desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. |
Ler máis...
|
O reparto de “María Solinha” visitará o domingo a adega de Roberto Verino en Monterrei |
|
|
|
Venres, 19 Xuño 2020 12:18 |
O plantel de actores da película “María Solinha” visitarán o próximo domingo ás 18:00 a adega de Roberto Verino en O Gargalo, encabezados polo seu director, Ignacio Vilar, horas antes da estrea en autocine da película en Verín. O reparto quere escenificar así o seu compromiso co sector do viño galego, que retoma a súa actividade tras o parón provocado pola Covid19. Os espectadores poderán acceder dende as 20:30 ao parking central de Verín, e gozar dos menús da hostalería local que poden encargar na web rumbonosmovemosporti.com. A gala de estrea comezará ás 21.30, e a película se proxectará a continuación, no entorno das 22.30 horas. |
Ler máis...
|
BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín |
|
|
|
Venres, 19 Xuño 2020 10:17 |
GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que con motivo da instalación do Autocine no que se estreará o filme “María Solinha” o vindeiro domingo días 21 de xuño, e para asegurar o bo desenvolvemento da mesma, o ESTACIONAMENTO QUEDARÁ RESTRINXIDO no Aparcadoiro Libre Gratuito nº 8 (entrada pola Avda. de Portugal xunto ao nº 30) dende as 10:00 horas do propio domingo 21 ata as 07:00 horas do luns 22 de xuño. |
Ler máis...
|
Protección Civil de Verín realizou un total de 75 actuacións durante o estado de alarma |
|
|
|
Xoves, 18 Xuño 2020 11:32 |
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín realizou un total de 75 actuacións de asistencia á cidadanía en Verín durante a vixencia do estado alarma provocado pola Covid-19. Ademais dos seus labores habituais, os voluntarios realizaron tarefas de repartición de alimentos, medicamentos e material escolar, desinfección de vehículos de emerxencia da comarca e apoio loxístico aos corpos e forzas de seguridade do estado, o que supón máis de 680 horas traballadas en tarefas de asistencia aos colectivos máis vulnerables e de prevención. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 Seguinte > Final >>
|
Páxina 170 de 987 |