Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello colabora na campaña de concienciación e formación sobre a reciclaxe implementada polo CDR Portas Abertas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Agosto 2020 10:58

 No marco do programa de «Voluntariado Ambiental», o CDR Portas Abertas desenvolve esta iniciativa de concienciación e formación sobre a reciclaxe, en colaboración co Concello de Verín. Esta actividade consta duns paneis informativos, que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles informarase os cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado.

Ler máis...
 
O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Agosto 2020 13:29

 O Festival Internacional de Cine Play-Doc, que se celebrará na localidade pontevedresa de Tui entre o 23 e o 27 de de setembro, toma o relevo do RIR de Allariz na categoría de festival convidado polo FIC Vía XIV. “Cada ano, dende o Festival Internacional de Curtas de Verín queremos render tributo e por en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas en diferentes partes de Galicia”, sinala o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero.

Ler máis...
 
O artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Agosto 2020 12:19

 Gerardo Fernández, artesán de Verín, foi o encargado de deseñar o Premio do Público que se vai entregar no decurso do FIC Vía XIV 2020, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro. O ebanista e escultor quere, con este deseño, honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos, xunto ao cal creou a emblemática firma Ciclowood. Unha empresa que se adicou a producir bicicletas de madeira de xeito artesanal, con moita demanda en todo o mundo.

Ler máis...
 
Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que conta a historia dunha parte da emigración feminina galega emigrada a Cuba, proxectarase no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Agosto 2020 15:10

Como parte da axenda de actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acollerá a proxección do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situacións que acontecen na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.

Ler máis...
 
O Museo Claustro Mercedario reabre as súas portas ao público na Nova Normalidade. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Xullo 2020 08:44

Museo Mercedarios O Museo Claustro Mercedario de Verín reabriu as súas portas este mércores 29 de xullo. Dende entón, todas as súas exposicións poden ser visitadas de novo, sempre mantendo un cumprimento estrito da normativa vixente nos protocolos oficiais co fin de adecuarse á situación actual e protexer a saúde de visitantes e traballadores.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 Seguinte > Final >>

Páxina 167 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>