Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín publicará simultaneamente na súa web e redes sociais as coplas dos "Maios Solidarios" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Abril 2020 00:00

O vindeiro 1 de maio, ás 00:01 horas, publicaremos simultaneamente na nosa web e redes sociais as coplas dos “Maios Solidarios”, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.

Ler máis...
 
Dez colectivos elaboran, altruistamente e con fins sociais, coplas para “os Maios” de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Abril 2020 00:00

Segundo confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, son dez os colectivos que xa están a traballar na elaboración das tradicionais coplas dos Maios, superando así o número de participantes con respecto ao ano pasado.

Ler máis...
 
SAÍDAS CONTROLADAS PARA NENOS E NENAS A PARTIR DO DOMINGO 26 DE ABRIL PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 25 Abril 2020 00:00

¿Cando e como poden saír os rapaces a partir do domingo 26 de abril?

Ler máis...
 
Un “macropleno” económico aprobará case 14 millóns de euros para o Orzamento do Concello de Verín 2020 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Abril 2020 00:00

Presencial pero coas medidas de seguridade recomendadas. Así vai ser o ”macropleno” económico do vindeiro 4 de maio do Concello de Verín, no que o consistorio do Támega vai mobilizar preto de 14 millóns de euros que repercutirán directamente na economía local. Especialmente destacable é o capítulo de inversións, que destinará durante este ano 3,5 millóns de euros (un 250% máis que en 2019) a unha inxección directa de obras e proxectos que, ademais de melloras e modernización para a vila, “repercutan directamente na economía local”, sinalan dende o grupo de goberno. Xa anticipan tamén que, case inmediatamente, haberá unha modificación para facer fronte aos efectos da crise.

Ler máis...
 
Viaxe virtual a través de travel off polo destino de fronteira “ Eurociudad Chaves- Verin” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Abril 2020 00:00

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)  Eurocidade  Chaves-Verín, organismo que agrupa os municipios de  Verin en España e  Chaves en Portugal, súmase á iniciativa  TravelOFF. Un proxecto de turismo  experiencial, onde se prioriza o contacto e interacción coas persoas en viaxes virtuais a través da plataforma de Google  earth, ao dispor de calquera persoa.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 815

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac