Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O FIC Vía XIV ofrece unha proposta sonora alternativa á curta O carro e o home PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Setembro 2020 10:07

O FIC Vía XIV explorou un ano máis a relación entre a música e o cinema, un dos eixos recurrentes ao longo dos seus cinco anos de vida. Nesta ocasión, a organización do Festival contou co apoio dun grupo de membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, que ofreceu unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental.

Ler máis...
 
A aposta pola seguridade de asistentes, convidados e equipo organizador, premisa básica baixo a que se desenvolve o FIC Vía XIV de Verín 2020, inaugurado hoxe PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 05 Setembro 2020 10:01

A V edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, inaugurouse este serán no Auditorio da Vila baixo a premisa básica de apostar pola seguridade dos asistentes, dos convidados e do equipo organizador. Para iso, deseñouse un completo protocolo anti-Covid que incluirá, entre outras medidas, desinfección rigorosa do espazo de proxección tras cada sesión ou pase mediante un novidoso sistema nebulizador.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado súa quinta edición con 39 curtas a concurso PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Setembro 2020 15:44

 A quinta edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Serán oito días nas que a maxia do cinema e un bo número de actividades paralelas relacionadas directa e indirectamente con este ámbito encherán de cor e vida o Auditorio, espazo central no que se desenvolverá o certame.

Ler máis...
 
Reapertura da Piscina Climatizada Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Setembro 2020 20:31

A piscina climatizada municipal de Verín abrirá as súas portas con carácter xeral o luns 14 de setembro co seu consecuente protocolo sanitario de protección fronte ao covid-19. Entre as medidas figura a obrigatoriedade de reservar cita previa,  preferentemento por teléfono (988 41 41 84), aínda que tamén se pode realizar presencialmente.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV de Verín reforza o seu vínculo co Entroido programando unha actividade paralela protagonizada por Frei Chitín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Agosto 2020 15:47

 Miguel Ángel Prieto Sotelo tense convertido, por méritos propios, nunha das personaxes máis singulares do Entroido de Verín. Por este motivo, foi o encargado de pronunciar o pregón da gran festa da vila do Támega, no Domingo de Corredoira 2020. Para reforzar o seu vínculo co Entroido, que é un dos eixos temáticos do FIC Vía XIV, a organización do certame vai programar unha actividade paralela protagonizada pola desternillante persoaxe creada por Prieto Sotelo: Frei Chitín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 830
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>