Andaina, actuacións musicais e roteiro solidario na iniciativa“Todos con José Manuel Jorge González” |
|
|
|
Venres, 04 Outubro 2013 11:29 |
O vindeiro 19 de outubro, terá lugar a realización da iniciativa solidaria “Todos con José Manuel Jorge González”, promovida desde BTT Verín e Club Ciclista Verín, coa colaboración da área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín. |
Ler máis...
|
Programación cursos formativos do último trimestre de 2013 |
|
|
|
Xoves, 03 Outubro 2013 13:08 |
Desde Desenvolvemento Local e Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense infórmase da seguinte programación de cursos formativos para o último trimestre de 2013:
|
Ler máis...
|
V Semana da Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves - Verín |
|
|
|
Xoves, 03 Outubro 2013 10:05 |
Dende o día 07 ao 10 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a V Semana da Educación e Seguridade Viaria, destinada a sensibilizar a poboación de ambos municipios, especialmente aos máis novos, das diversas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria.
Unha iniciativa enmarcada dentro do 'Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín' que pretende servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, así como unir esforzos, intercambiar experiencias, dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, e sensibilizar aos/ás cidadáns/nas das actitudes idóneas para reducir o número de accidentes de tráfico nesta zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas.
|
Ler máis...
|
Requirimentos de emenda das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas |
|
|
|
Xoves, 03 Outubro 2013 09:28 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 25 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas do Igape á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
|
Ler máis...
|
Requirimentos de emenda das solicitudes do Programa Innoempresa |
|
|
|
Xoves, 03 Outubro 2013 09:22 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 24 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>
|
Páxina 685 de 998 |