Presentación da Escola Municipal de Tenis 2013-2014 |
|
|
|
Luns, 30 Setembro 2013 09:17 |
Hoxe luns, 30 de setembro, ten lugar no IES Taboada Chivite a presentación da Escola Municipal de Tenis para esta tempada. Todos os pre-inscritos/as e aqueles/as nenos/as aínda non se inscribiron, pero están interesados/as, poden acudir ás 18.30 horas para as probas de nivel, clasificación de grupos, establecemento de horarios e a explicación da participación da Escola Municipal de Tenis no Circuíto Escolar durante este curso. |
Clase musical gratuíta para menores de sete anos |
|
|
|
Venres, 27 Setembro 2013 12:02 |
Os/As nenos/as de 7 anos de idade están convidados o vindeiro luns día 30 a unha clase gratuíta de música que lles ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín. A actividade desenvolverase na Casa da Música (rúa José María Pereda, 3) das 6 ás 7 horas da tarde. O profesor será Alejandro Vázquez “Alex”, 27 anos de idade, titulado superior de música.
|
Ler máis...
|
Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia |
|
|
|
Venres, 27 Setembro 2013 08:44 |
Desde a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia. |
Ler máis...
|
‘Contos da Selva’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Xoves, 26 Setembro 2013 11:25 |
O vindeiro venres 04 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Selva' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. |
Ler máis...
|
Xornalistas especializados e operadores turísticos visitan a Ruta Termal e da Auga 'Verín-Chaves-Vidago' |
|
|
|
Xoves, 26 Setembro 2013 11:25 |
Con motivo da celebración da 13ª Feria Internacional de Turismo Termal 'Termatalia', a Eurocidade Chaves-Verín organizou un Fam Press Trip da Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago, co fin de promocionar o producto entre potenciais operadores turísticos e prensa especializada de diversos países. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>
|
Páxina 687 de 998 |