Presentación da campaña comercial de AEVER co apoio institucional do Concello de Verín |
|
|
|
Xoves, 24 Abril 2025 12:05 |
O Concello de Verín participou hoxe na presentación da nova campaña de dinamización comercial organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), que inclúe dúas accións destacadas: a participación na Feira Solidaria dos Maios e a campaña especial polo Día da Nai. O acto contou coa presenza do presidente de AEVER, Santos Álvarez; o xerente da entidade, José Ángel Rodicio; e, en representación da área municipal de Comercio, o concelleiro Manuel Lorenzo. |
Ler máis...
|
Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín |
|
|
|
Mércores, 23 Abril 2025 13:08 |
O xoves 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios. Por outra banda, a Praza García Barbón será o escenario dunha nova edición da Feira Solidaria de Verín que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira. |
Ler máis...
|
Éxito do Concerto Solidario en Verín: 1.130 euros recadados para cinco entidades sociais da comarca |
|
|
|
Xoves, 10 Abril 2025 12:07 |
O Conservatorio Profesional de Música de Verín, en colaboración coa súa ANPA e o Concello de Verín, celebrou o pasado 29 de marzo un Concerto Solidario no Auditorio Municipal, cunha acollida extraordinaria tanto en participación como en recadación. O evento conseguiu reunir un total de 1.130 euros, que foron repartidos equitativamente entre cinco organizacións sociais da comarca, resultando nunha achega de 226 euros para cada unha: Femuro, Cáritas, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e a Asociación Española Contra o Cancro. |
Ler máis...
|
O DHI Pozo do Demo consolídase como referente internacional no descenso en bicicleta de montaña |
|
|
|
Mércores, 02 Abril 2025 21:20 |
O Concello de Verín acollerá os vindeiros 26 e 27 de abril a terceira edición do DHI Pozo do Demo, proba puntuable para a Copa de España de Descenso e única no calendario nacional coa categoría UCI C2, o que a converte nunha das cita máis relevante do panorama estatal nesta disciplina. |
Ler máis...
|
Verín acollerá o 13 de abril a XII Andaina Pozo do Demo cun percorrido de 15 quilómetros |
|
|
|
Venres, 28 Marzo 2025 13:59 |
O domingo 13 de abril de 2025, Verín acollerá a XII edición da andaina de monte "Pozo do Demo", organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O percorrido desta edición será de 15 quilómetros e dificultade media. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Pavillón de Deportes de Verín, lugar ao que tamén se chegará ao rematar a ruta. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 994 |