Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Licitación de Cafetería en zona deportiva A Granxa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Outubro 2014 08:16

Aprobados por acordo do Pleno en sesión de 23.10.2014 o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto básico e de execución, redactado por Ana Asunción Requejo Miguel, para a construción, instalación e explotación de CAFETARÍA en ÁREA DEPORTIVA DE A GRANXA (VERÍN), situada na rúa Taboada Chivite esquina rúa Antonio Fernández, anúnciase licitación para a presentación de propostas co seguinte detalle:


  • 1. Entidade adxudicadora: Concello de Verín
  • 2. Obxecto do contrato: construción, instalación e explotación de CAFETARÍA en ÁREA DEPORTIVA DE A GRANXA (VERÍN), situada na rúa Taboada Chivite esquina rúa Antonio Fernández.
  • 3. Lugar de execución: Verín.
  • 4. Prazo de duración: 30 anos, con posibilidade de prórroga de 5 anos máis.
  • 5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, en atención á oferta economicamente máis vantaxosa con único criterio de adxudicación, maior canon anual ofertado.
  • 6. Garantía provisional: non se exixe.
  • 7. Obtención de documentación e información:
    • a) Entidade: Concello de Verín.
    • b) Domicilio: Praza do Concello, 1.
    • c) Localidade e código postal: Verín, 32600.
    • d) Teléfono: 988.41.00.00
    • >e) Fax: 988.41.19.00
    • f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14:00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este fose sábado, domingo ou festivo prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.
  • 8. Requisitos específicos do contratista: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
  • 9. Criterio de valoración das ofertas: maior canon anual ofertado. Sendo o canon anual mínimo 1.000,00 €/ano.
  • 10. Presentación das ofertas
    • a) Prazo de presentación: 30 días naturais a contar dende a última publicación.
    • b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula XI e XII do prego de cláusulas administrativas particulares.
    • c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Verín.
  • 11. Apertura das ofertas: comunicarase con 24 horas de antelación.
  • 12. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
  • 13. Perfil de contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.verin.es e www.contrataciondelestado.es

Verín, 23 de outubro de 2014
O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán

MEMORIA

  • INDICE Ver
  • MEMORIA DESCRIPTIVA Ver
  • ORZAMENTO E MEDICIÓN Ver
  • RESUMO DO ORZAMENTO Ver
  • CUMPRIMENTO DA NORMATIVA Ver
  • PREGO DE CONDICIÓNS Ver

PLANOS

  • 01.- SITUACIÓN PGOM Ver
  • 02.- EMPRAZAMENTO Ver
  • 03.- PLANTA DE DISTRIBUCIÓN Ver
  • 04.- PLANTA DE CUBERTA E DETALLES Ver
  • 05.- ALZADO PRINCIPAL, LATERAL DEREITO E POSTERIOR Ver
  • 06.- ALZADO LATERAL ESQUERDO Y SECCIÓNS Ver
  • 07.- PLANTA DE COTAS Y SECCIÓNS Ver
  • 08.- MEMORIA DE CARPINTERÍA Ver
  • 09.- CIMENTACIÓN E POSTA A TERRA Ver
  • 10.- ESTRUCTURA DA CUBERTA Ver
  • 11.- ESQUEMA DE INSTALACIÓN DE ELECTRICIDADE E CLIMATIZACIÓN Ver
  • 12.- ESQUEMA DE INSTALACIÓN DE FONTANERÍA (DB HS-4) Ver
  • 13.- ESQUEMA DE INSTALACIÓN DE SANEAMENTO (DB HS-5) Ver

ESTUDO BÁSICO DE SEGURIDAD E SAUDE Ver




PROXECTO COMPLETO Descargar

 
?>