Verín preparase para celebrar a V Feira da Cervexa Artesá e da Artesanía Medieval. |
|
|
|
Xoves, 05 Setembro 2019 11:52 |
Onte, 4 de setembro, o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostelería, Manuel Lorenzo Feijóo, e o director de ADICCAG (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá de Galicia), Pablo Casanova, presentaron na casa consistorial o programa da V Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval. Esta actividade organizada por ADICCAG, coa colaboración do Concello de Verín, terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro na Praza Maior verinesa. |
Ler máis...
|
A obra teatral "Curva España" chega a Verín. |
|
|
|
Martes, 03 Setembro 2019 13:58 |
O vindeiro sábado, 28 de setembro, ás 21.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra "Curva España". Baixo a dirección de Xron, os actores Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco representarán esta obra que xorde entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda e entre a pantalla e o escenario. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín organiza un curso de interpretación teatral da man do actor verinés Santiago Cañaveral. |
|
|
|
Luns, 02 Setembro 2019 10:19 |
O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila buscando achegar o sétimo arte a mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, coa orientación da superación dos bloqueos emocionais. Pretendese conseguir traspasar eses medos e que o actor coñeza o seu propio corpo como instrumento fundamental para o método interpretativo. |
Ler máis...
|
O festival Extruga Street enche Verín de música e arte urbano. |
|
|
|
Venres, 30 Agosto 2019 18:45 |
O festival Extruga Street comezou hoxe, 30 de agosto, a súa terceira edición na vila verinesa. Trátase dun evento de carácter urbano que engloba música, arte e deporte e que está organizado pola Asociación LongoDub e o Concello de Verín. |
Ler máis...
|
O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude fomenta un curso de conversa en lingua española na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin. |
|
|
|
Mércores, 28 Agosto 2019 11:16 |
O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ) - Dirección Rexional do Norte, no marco do proxecto Eurocidade 2020, aprobado polo programa INTERREG V-A España 2014-2020, volve a fomentar a realización do curso de conversa de lingua española impartido pola Asociación Empresarial Alto Támega (ACISAT). |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>
|
Páxina 211 de 987 |