Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Festa solidaria de Pro Animais Verín bate récords. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Agosto 2019 12:34

O pasado 17 de agosto, na Praia Fluvial de Verín, celebrouse a xa popular Festa Solidaria de Pro Animais Verín, unha xornada organizada coa colaboración do Concello de Verin na procura de fondos para a asociación animalista.

Ler máis...
 
A exposición “Verín, enclave de gaita”superou xa as 700 visitas dende a súa apertura. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Agosto 2019 12:07

A exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, recibiu máis de 700 visitantes  nos seus dez primeiros días aberta ao público. Dende o pasado 6 de agosto, aqueles curiosos que se achegan ata o Museo poden gozar dunha mostra iconográfica única e observar exemplares de gaitas primitivas interpretados e expostos para achegarnos á historia deste instrumento.

Ler máis...
 
Yoga ao aire libre no Parque da Alameda de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Agosto 2019 12:16

O vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 10.00 horas, o Parque da Alameda de Verín acollerá a actividade "Yo, Yoga", organizada dentro do programa +Deporte do diario La Región.

Trátase dunha experiencia que pretende achegar o yoga e o deporte a todos os públicos mediante a realización deste tipo de xornadas ao longo de toda a provincia. Unha forma de incentivar a aproveitar o verán facendo exercicio ao aire libre, algo que nos aporta grandes beneficios para a saúde tanto física como mental.
Ler máis...
 
O cartel ilustrador do FIC Vía XIV 2019 inspírase no concepto da emigración, un dos eixos temáticos do certame PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Agosto 2019 11:57

O cartel ilustrador do Festival Internacional de Curtas (FIC Vía XIV) de Verín 2019 foi presentado esta mañá na vila do Támega por Carlos Montero, director do certame, xunto a Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín; Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do festival; e José Antonio Velasco, autor do mesmo.  Trátase dun deseño deste creativo publicitario cunha dilatada experiencia nos eidos da publicidade e da comunicación.

Ler máis...
 
Fundación Amigos de Galicia consegue un sistema de monitorización de glucosa para Noa PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Agosto 2019 12:57

O Director Xeral de Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro; a segunda tenente de alcalde de Verín, Rosario Rodríguez Delgado; a presidenta do Banco Farmacéutico de Galicia; Paula Chapela  Bamio; e Agostiña Luís, en representación de  Anedia (Asociación de Meniñas,  Nenos e  Xente  Nova con Diabetes de Galicia) entregaron hoxe no  Concello de Verín o sistema de monitoraxe de glicosa á familia e á pequena Noa, unha nena de 3 anos de Verín con diabetes infantil tipo I.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 213 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>