Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

"Pokémon: detective pikachu" no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Maio 2019 00:00

Durante os días 31 de maio e  1 e 2  de xuño, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Pokémon: detective pikachu no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Entregados os premios do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2019 11:06

Vintedous relatos presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada, o Colexio Apostólico Mercedario, o IES Castro de Baronceli e o IES Xesús Taboada Chivite foron os centros con alumnado participante neste certame literario que promove o Concello de Verín.

Ler máis...
 
Mostra “Viaxe polo mundo das máscaras” de Mercedes Vázquez Saavedra, na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2019 20:05

Mañá 22 de maio, ás 20:00 horas, a Sala de Exposicións de Verín acolle a inauguración da mostra “Viaxe polo mundo da máscara” de Mercedes Vázquez Saavedra, investigación etnográfica con 115 imaxes de máscaras galegas e portuguesas.

Ler máis...
 
O Club BTT Verín organiza as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2019 13:38

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial das que serán as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila, organizadas polo Club BTT Verín en  colaboración do Concello de Verín, Dirección  Xeral de Tráfico ( DXT), Garda Civil, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros e Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena. A iniciativa, na que participarán os centros educativos CPR María Inmaculada, CEIP Princesa de España e CEIP Amaro Refojo  terá lugar os días 6, 7, 10 e 11 de  xuño.

Ler máis...
 
Nena de etnia xitana gaña o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Maio 2019 18:41

Co poema titulado Di non ao racismo, Yésica Suárez Montoya, alumna de 6º do CEIP Princesa de España foi, na modalidade de 5º e 6º de Primaria, a gañadora do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizado polo Concello de Verín. A gañadora é unha nena de etnia xitana que vive no Grupo Monterrei de Verín. A súa obra, presentada baixo plica, como todas as que concorreron á fase final, para que o xurado ignorase tanto a autoría como o centro que a preseleccionou, é un exemplo, cando menos en dous aspectos. Ademais do valor literario, que foi o determinante para ser premiada, demostra que nin un idioma alleo ao familiar nin os condicionantes socioeconómicos limitan a capacidade creativa e a de transmisión a través da escritura, cando o centro de ensino e o entorno familiar directo teñen actitudes compensatorias e motivadoras.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 220 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>