Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

“Verín, enclave de gaita”comezou hoxe a súa programación coa inauguración dunha exposición no Museo Claustro Mercedario. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Agosto 2019 12:44

Hoxe, 6 de agosto, inaugurábase no Museo Claustro Mercedario a actividade “Verín, enclave de gaita”, unha proposta que revela a orixe da gaita e achega a súa historia a esta vila que, por tradición, contou sempre entre os seus veciños cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves Verín lanza o sea primeiro transporte transfronterizo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Agosto 2019 17:02

Esta mañá, a sede da AECT  Chaves-Verín acolleu o acto inaugural do primeiro   Transporte Urbano Transfronteirizo  Chaves-Verín ( TUT). O novo servizo foi presentado  polo presidente da Cámara de  Chaves e presidente da  Eurociudad, Nuno  Vaz, o alcalde de Verín e director do ente transfronteirizo, Gerardo Seoane, e o director técnico da AECT, Pablo Rivera. Ao finalizar a presentación, o novo transporte urbano quedou inaugurado realizando a súa primeira viaxe ata  Chaves.

Ler máis...
 
“Verín, enclave de gaita” amosa pezas restauradas do século XVII claves para a historia da gaita. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Agosto 2019 10:09

O Museo Claustro dos Mercedarios inaugurará mañá, 6 de agosto, a exposición “Verín, enclave de gaita” como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense. Pretende achegar a historia deste instrumento a unha comarca que, por tradición, foi sempre un enclave de referencia dentro do mundo da gaita. Dentro do programa ao que pertence dita exposición, “Verín, enclave de gaita”, inclúense tamén concertos e conferencias como a que se celebrará, da man do propio Xosé Lois Foxo, ao longo desta semana.

Ler máis...
 
Os cativos da ludoteca e campamento urbano do Concello de Verín visitan o parque acuático de Vila Real PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Agosto 2019 13:27

Onte, 1 de agosto, os nenos e nenas maiores da ludoteca e os do campamento urbano viaxaron a Vila Real para disfrutar nun parque acuático, un complexo con moitas e atractivas actividades, cunha gran variedade  actividades tales como:  piscinas con tobogáns, piscina con jacuzzi e chorros, campo de fútbol-praia, minigolf, granxa doméstica, paintball e un parque de aventuras con arborismos, escalada, tirolina, etc.

Ler máis...
 
Mostra “Talla en madeira: arte e oficio” na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Agosto 2019 11:17

Do 8 de agosto ao 5 de setembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra 'Talla: Arte  e Oficio', que presenta obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. Así mesmo, a inauguración oficial terá lugar o propio día 8 de agosto, ás 19:00 horas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 215 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>