Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A vila de Verín xa é propietaria dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Marzo 2019 17:12

Gerardo Seoane -O alcalde asinou hoxe os documentos oficiais de transferencia das antigas estradas nacionais

-"Iniciamos o cambio histórico de converter estradas en rúas para as veciñas e veciños de Verín"

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, ven de asinar o documento oficial de traspaso dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 ó seu paso pola vila do Támega. "Con este paso", afirmou, "complétase o proceso histórico de mutación das estradas que atravesaban a vila por rúas para as veciñas e veciños". O rexedor anunciou que o Concello xa prepara un proceso de humanización destes viais, con ampliación de aceiras e novas distribucións viarias, toda vez que xa son propiedade municipal.

Ler máis...
 
O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Marzo 2019 10:05

Cena Fin Entroido A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Durante o acto tivo lugar un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles de Entroido. Ao rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, “Pescadilla” e Fidelidade e dos agasallos conmemorativos por parte de Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde; as concelleiras de cultura e turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas; e María Luísa Castro (Luisina).

Ler máis...
 
Centos de mulleres acoden os actos convocados polas entidades sociais da comarca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2019 19:53

8M O CIM, a Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO), C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella agradecen a gran participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Os actos comezaban ás 12:00h coa xuntanza comarcal para as mulleres na praza do Concello de Verín, que serviu de punto de encontro para crear un espazo comunitario. Ás 12:30h tivo lugar a lectura dun Manifesto, co fin de visibilizar as denuncias e esixencias baixo o lema “Mulleres diversas e con iguais dereitos”, e, de seguido, unha performance infantil “en representación da igualdade” contaba cas e cos máis cativas/os como protagonistas dunha xornada cargada de reflexións sobre os dereitos conquistados e reivindicacións en defensa do activismo das mulleres como medio para acadar unha igualdade de xénero efectiva.

Ler máis...
 
“Capitana Marvel” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Marzo 2019 15:21

Capitana Marvel Durante os días 08, 09 e 10 de marzo, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Capitana Marvel no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
COMUNICADO OFICIAL - SUSPÉNDESE O DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO POR INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Marzo 2019 16:20

Desde a concellería de Festexos do Concello de Verín infórmase que debido ás inclemencias meteorolóxicas e ás precipitacións que afectan neste momento á nosa localidade queda suspendido o desfile do martes de  Entroido.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 Seguinte > Final >>

Páxina 232 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>