“Dumbo” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Xoves, 04 Abril 2019 14:35 |
Durante os días 5, 6 e 7 de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Dumbo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
O Museo de Verín ofrecerá actividades de divulgación ambiental para escolares e a Feira do Libro volta a praza da Mercé no Lázaro |
|
|
|
Xoves, 04 Abril 2019 14:21 |
A próxima fin de semana a praza da Mercé voltará a ser o epicentro cultural de Verín, grazas ás celebracións propias do Lázaro. O Museo do Claustro Mercedario acolle as exposicións “A bolboreta monarca” e “Aves de Galicia”, do Centro de Extensión Universitaria e da Xunta de Galicia, respectivamente, dirixidas á comunidade escolar. A Feira do Libro comeza a tarde do venres tamén unha nova edición, coa presentación dunha obra do historiador Gerardo Dasairas. |
Ler máis...
|
AVISO IMPORTANTE: FEIRA DE ARTESANÍA DO LÁZARO |
|
|
|
Martes, 02 Abril 2019 17:08 |
? Desde o Concello de Verín informamos que por causas meteorolóxicas a Feira de Artesanía do Lázaro trasládase ao Pavillón Municipal de Deportes.
|
Ler máis...
|
O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu esta fin de semana un curso para elaborar cervexas |
|
|
|
Luns, 01 Abril 2019 14:11 |
O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, dende o venres día 29 pola tarde ata a mañá do sábado día 30, un novo curso da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido polo sumiller Luis López. A través deste seminario coñecéronse as diversas formas de elaborar e clasificar as cervexas por todo o mundo, dende as cervexas de Monterrei ou as elaboradas con mosto de albariño, as alemanas de trigo, descubrindo a historia e evolución da mesma, ata as receitas existentes a día de hoxe, así como as materias primas necesarias para a súa elaboración. Tamén se analizaron os posibles defectos perceptibles nunha cervexa e como tratar de previlos, o correcto servizo tanto de presión como en botella e como realizar unha cata sensorial de cervexa. |
Ler máis...
|
Verín é dende hoxe o centro literario da novela histórica española |
|
|
|
Venres, 29 Marzo 2019 14:56 |
O Premio Planeta Santiago Posteguilo presentará “Yo Julia” mañá sábado, ás 19:30 horas, no Auditorio de Verín.
Hoxe deron inicio as II Xornadas de Novela Histórica de Verín, cos talleres intensivos de escritura creativa impartidos por Alejandro Corral, que se desenvolveron dende as 11:00 horas na Biblioteca Municipal. O premio Planeta Santiago Posteguillo pronunciará mañá sábado a conferencia central, ás 19:30 no Auditorio. Nela explicará as claves da creación e do éxito da súa última novela, “Yo, Julia” coa que precisamente acadou o seu máis recente éxito editorial.
As II Xornadas de Novela Histórica están organizadas pola Biblioteca Municipal e a Concellería de Cultura do Concello de Verín, en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Hoxe intervirán tamen na Biblioteca José Calvo Poyato (19:00 horas) e José Luís Corral (19:45 horas), con amenizacións musicais do luthier Emilio Arias. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 Seguinte > Final >>
|
Páxina 235 de 987 |