O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Festa dos Maios 2019 |
|
|
|
Xoves, 28 Marzo 2019 15:14 |
Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón ou agochado no interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios tradicionais e artísticos, que só no caso do alumnado de Infantil poderán facerse de materiais de refugallo, que se rexerá polas seguintes |
Ler máis...
|
O Concello de Verín presenta o programa oficial do Lázaro 2019 |
|
|
|
Mércores, 27 Marzo 2019 13:36 |
O Concello de Verín presentou esta mañá o programa oficial de actividades para o Lázaro 2019, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril. Este ano, o ente municipal volve a ofrecer un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. Como novidades destacan dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedario, xornadas temáticas sobre plantas medicinais e recuperación de oficios tradicionais, o I Intercambio transfronteirizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- Portugal)”. |
Ler máis...
|
Incendios +1 na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
Mércores, 27 Marzo 2019 12:59 |
Até o día 25 de abril, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra Incendios+1, creada polo Centro Público Integrado Curros Enríquez de Pazos de Borbén para sensibilizar sobre este problema crónico para o ambiente e a sociedade galega. A exposicións poderá visitarse de luns a venres, das 16:30 ás 20:00 horas. |
Ler máis...
|
O premio Planeta Santiago Posteguilo presentará “Yo Julia” o vindeiro sábado ás 19:30 horas no Auditorio de Verín |
|
|
|
Martes, 26 Marzo 2019 14:59 |
Será o acto central das II Xornadas de Novela Histórica, que se densenvolverán durante toda a fin de semana.
O premio Planeta Santiago Posteguillo pronunciará a conferencia central das II Xornadas de Novela Histórica de Verín, o vindeiro sábado, día 30 de marzo, ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Verín. Nela explicará as claves da creación e do éxito da súa última novela, “Yo, Julia” coa que precisamente acadou o seu máis recente éxito editorial. Seguidamente, ás 20:10 horas, Santiago Posteguillos participará na Mesa redonda “Novelas históricas sobre la Hispania romana”, con Margarita Torres, Francisco Narla e moderada por Antonio Piñero. As II Xornadas de Novela Histórica están organizadas pola Biblioteca Municipal e a Concellería de Cultura do Concello de Verín, en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). |
Ler máis...
|
“Gente que viene y bah” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 25 Marzo 2019 15:35 |
Durante os días 30 e 31 de marzo, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Gente que viene y bah” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 Seguinte > Final >>
|
Páxina 236 de 987 |