Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Museo do Claustro de Verín analizou esta fin de semana a orixe do viño na historia e as técnicas de maceración carbónica PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Febreiro 2019 13:57

O Museo do Claustro Mercedario abordou esta fin de semana un novo curso de Cata da UNED, impartido por Luís e Javier Padín, e por José Manuel Ferreira, enólogo da adega Prada a Tope, centrado na historia e nas posibilidades da maceración carbónica. Trinta persoas asistiron a esta nova sesión, algunhas delas procedentes de Ourense e Pontevedra.

Ler máis...
 
O Concello de Verín súmase ao proxecto europeo de mobilidade sustentable “STARS” impulsado pola DGT PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2019 13:39

O  Concello de Verín adhírese ao proxecto educativo  STARS (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sustentables para Colexios), de orixe europea e coordinado pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), destinado ao fomento da mobilidade activa e sustentable entre a comunidade educativa do municipio.

Ler máis...
 
O gañador do último premio planeta, Santiago Posteguillo, participará na segunda edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2019 13:38

Os vindeiros 29 e 30 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a segunda edición das “Xornadas de Novela Historica”. Devandito evento, que foi presentado está mañá na Biblioteca polo tenente de  alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura e dous dos moderadores do evento, Noa González Sousa e Miguel Losada, contará coa presenza de sete autores de primeira fila dentro de este xénero, entre os que se encontra o gañador do último premio planeta, Santiago Posteguillo.

Ler máis...
 
As taxas de criminalidade seguen a descender en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Febreiro 2019 15:03

O Concello de Verín acolleu esta maña unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde do concello de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo e na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Policía Local e de Protección Civil.

Ler máis...
 
O Club de Oratoria e Debate - CODE, en colaboración coa Fundación Dentalnova, WEDU - Sociedad & Educación e o Concello de Verín, convocan, no marco do I Torneo de Debate “Vila de Verín”, o I Concurso de Oratoria Escolar “Vila de Verín” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Febreiro 2019 17:20

Co obxectivo de fomentar e promover o desenvolvemento de habilidades comunicativas entre os escolares, o Club de Oratoria e Debate - CODE, en colaboración coa Fundación Dentalnova, WEDU - Sociedad & Educación e o Concello de Verín, convocan, no marco do I Torneo de Debate “Vila de Verín”, o I Concurso de Oratoria Escolar “Vila de Verín” desenvolverase de forma paralela ao torneo universitario o I Concurso de Oratoria Escolar Vila de Verín, onde estudantes de ESO dos centros educativos do Concello de Verín e a súa comarca poderán participar. Tamén poderán inscribirse outros escolares do resto da provincia de Ourense.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>

Páxina 242 de 987
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>