Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín introduce o apoio ás mulleres que sofren maltrato na axenda da soliedariedade do Nadal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2018 14:04

Gala Solidaria O día 4 de xaneiro o Auditorio de Verín acollerá unha gala especial de apoio ás mulleres que sofren maltrato. "A solidaridade dispárase no Nadal", afirma Emilia Somoza, concelleira de Cultura, "pero por desgracia, nestes tempos, temos un novo elemento que demanda a atención de todas e todos nós, que son as mulleres que requiren unha atención especial a causa da violencia de xénero".

As entradas custarán 5 euros, e a recadación irá destinada íntegramente ás mulleres con necesidades especiais por calquera circunstancia derivada da violencia na comarca de Monterrei. "Sair de casa correndo ten moitas cargas, moitas máis das que pensamos", explica Emilia Somoza, "porque saen co mínimo, e hai que cubrir as necesidades de roupa, alimento e atención á infancia se teñen nenos/as, coma no caso de calquer/a outro/a desplazado/a por motivos de urxencia" .

A concelleira fai un chamamento á asistencia a gala como "unha nova mostra soliedariedade e repulsa contra a violencia de xénero". As actuacións serán desenvoltas por artistas, cantantes e monologuistas locais, e as entradas estarán a venda no Museo do Claustro Mercedario.


 
Verín presenta a súa programación de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2018 15:11

Felicita 2019 O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, deron a coñecer a programación cultural e festiva para este Nadal en Verín.

O programa oficial está composto por propostas culturais e de lecer para tódolos públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.

Do programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as seguintes actividades:

Ler máis...
 
Terceiro curso de cata da UNED no Museo do Claustro de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2018 09:43

Cata Mercedarios O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, dende o venres día 14 pola tarde ata a mañá do sábado día 16, o terceiro curso de cata da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido por Luis e Alejandro Paadín.

Ler máis...
 
“Rompe Ralph: Internet” e “Trote” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Decembro 2018 11:16

Durante os días 14, 15 e 16  de decembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Rompe Ralph: Internet” e “Trote” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
AEVER presenta a súa campaña de Nadal 2018-2019 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Decembro 2018 15:42

Esta mañá, presentáronse na sede de AEVER as actividades programadas no marco da campaña de Nadal 2018-2019 da Asociación de Comerciantes de Verín. Este conxunto de accións teñen a finalidade incrementar as ventas da campaña e promover o atractivo turístico, cultural e comercial de Verín. Devandita iniciativa conta co apoio do Concello de Verín e da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>

Páxina 244 de 981
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>